Skip to Content

                              

Contacontos de Kalandraka

O luns, 3 de febreiro, viñeron ao noso colexio os pintacontos Olalla e Marc Taeger. Olaia ía contándonos contos e Marc ilustrábanos con debuxos o que pasaba.

Primeiro presentáronse e de seguido comezaron a contar contos. O primeiro libro contaba o que levaba Lorena na seu abrigo: un elefante, unha camisa, pixamas, paus, sabas...de todo. De seguido nos contou a historia de “O abrigo máxico”, conto sobre un neno que pola mañá non atopaba ao seu pai e a súa nai mandoulle levar un doce a súa avoa. O neno foi polo camiño corto mentres que tiña que haber ido polo camiño longo. No camiño atopou a un  neno que quería vender unha vaca; unha nena de rizos dourados que quería comer o pastel; un chuvasqueiro vermello e uns nenos que perderan aos seus pais. Cando chegou á casa da súa avoa atopou ao seu pai e aí acabou o conto. Marc fixo un debuxo sobre todo o que pasou neste conto.

A continuación contounos  o conto “Boas noites señor bufo” . Nesta historia o bufo pretendía durmir de día pero os estorniños, pombas e paporroibos...non lle deixaban. Cando chegou a noite o bufo asustounos a todos e desde aquel día xa puido descansar polo día.

O último conto foi sobre o libro  “A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella” do que é autor Marc Taeger. Nesta historia Marc en vez de debuxar unha casa, debuxou un alpendre chino e un lobo dragón chino...dixo que se confundira porque no seu país, Suíza, non existe o “eñe”, e en vez de entender Carapuchiña, entendeu Carapuchina.

Gustounos moito e queremos que volva outra vez...

Nova feita por Iván e Alba

 



page | by Dr. Radut