O PODER DAS PALABRAS #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Dúas mestras do equipo de biblioteca realizamos un Erasmus Plus en Pistoia.
Chegamos con ideas renovadas e libros!
Gracias ao alumnado de 1º de Educación Primaria, hoxe dámoslle voz á primeira historia.
Unha historia que está enmarcada no Día da Infancia e que será o comezo de algo fermoso!
Escoitade a historia e estade moi atentas e atentos!
En breves teredes novidades!
OBRADOIRO CALIGRAMAS #EscribiraBE #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas
Ven a escribir na biblioteca! Tódolos mércores do mes de novembro
podes adentrarte no mundo dos caligramas,
escribir, debuxar e deixar voar a túa imaxinación.
Percebiño será o noso guía!
Apúntate na cortiza da entrada de biblioteca!
NOVAS ADQUISICIÓNS - FONDOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Pasade a coller novidades. Algunhas delas lecturas imprescindibles!
POR UN ALUMNADO CRÍTICO - PUBLICIDADE #AMI #bibliotecaescolar #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Coa intención de facer ao noso alumnado crítico ante o mercado
de productos e a súa publicidade, dende a BE Carlos Labraña,
creamos un xogo na aplicación Genially para que analicen
e sexan máis conscientes de adquirir un producto.
Esta actividade está enmarcada dentro da Semana Mundial
da Alfabetización Mediática e Informacional proposta pola UNESCO.
Engadimos tamén enlace ao código PAOS (código de corregulación da publicidadede
alimentos e bebidas dirixido a menores, prevención da obesidade e da saúde).
GALLETAS PANTASMA #Samaín #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O alumnado de 3º de Educación Primaria traballou
as medidas e gozou dun obradoiro do máis pantasmal!
COCIÑA DE SAMAÍN #Samaín #EscribiraBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O venres o alumnado de 1º de Educación Primaria realizou diversas receitas de Samaín.
Escribindo e lendo os pasos dun texto instructivo conseguiron realizar unhas creacións moi saborosas.
Aquí están en acción.
Hai un anexo en pdf por se queredes probar na casa!
A gozar dun Samaín de medo e sabor!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LECTURAS EN DÍPTICO.pdf | 1.1 MB |
LECTURAS EN FAMILIA #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O alumnado de 5 anos xa leva as bolsas lectoras para gozar en familia a fin de semana!
CARLOS LABRAÑA PARABÉNS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Carlos Labraña, dramaturgo que da nome á nosa biblioteca acaba de recibir un premio nada sinxelo.
O primeiro premio estatal dunha obra en galego!
Mambrú volveu da guerra unha obra de teatro infantil. A peza reinvindica a importancia
da memoria histórica, a través de Xana, a protagonista.
Orgullo de escritor e de lingua! A túa biblioteca quere darte os parabéns!
Gracias por tanta sensibilidade!
Podedes coller algunhas das súas obras na biblioteca!
OBRADOIRO CON CASTAÑAS #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas
Un obradoiro cun produto natural do noso outono.
Un froito seco do máis versatil. Neste caso, será a
base dun telar que a modo de xogo desenvolverá
a motricidade fina e a concentración. Hai que ter moita
paciencia e ser delicado/a nos movementos, que senón
os palillos rompen!
Se queres probar só tes que pasar pola bilblio e pedirlle a un
voluntario ou voluntaria para participar.
Ten aforo, pero estará varios días para poder
probar todas e todos os que desexedes.
POLO CORREO DO VENTO - CIBERSEGURIDADE #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas #AMI
Aprendemos sobre ciberseguridade cunha proposta musical, ilustrada e contada.
Tres marabillosos profesionais de "Polo correo do vento" ofrecéronlle, ao alumnado
de 4º de primaria, estratexias efectivas para poñer en práctica e non deixarse enganar na rede.
Deixáronnos unha infografía para ollar, recordar e compartir con todas as amigas e amigos.
Pois recalcaron que é moi importante que entendamos que todo o que chega de internet
non é fiable, que hai que pasarlle un filtro, alí rapazada e adultos temos moito que facer.
E recordade, ter un bo contrasinal!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »