Skip to main content

Febreiro 2023

POESÍA E BIMBIO CON GERALDINE JONES #DiadeRosalia #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A xornada de bimbio amosou o verdadeiro poder da arte.

O alumnado dirixido por Geraldine Jones e coa guía e acompañamento

dos axudantes da artista e das mestras, foron quen de dominar o material

para convertelo en fermosas estrelas, que logo adobiaron con cintas brancas

e azuis, as de  Galicia e de Rosalía. Non esqueceron, non, realizar uns recitados

 de poesía para celebrar o seu día, o seu nacemento.

 

Agradecer a Geraldine Jones e  Lugares Comúns este fermoso obradoiro.

 

 

 

 

INICIACIÓN AO BIMBIO #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Da man da Asociación Lugares Comúns, este venres 24 de febreiro,

gozaremos dun obradoiro de Iniciación ao bimbio coa experta Geraldine Jones.

O alumnado realizará unha peza de artesanía con este material.

Dende a biblioteca escolar queremos promover e recuperar oficios tradicionais.

Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"

Recordamos que este sábado 25 realizarase o intercambio de sementes

e a actuación teatral, por parte de dita asociación.

 

 

 

 

 

 

 

SLIME - OBRADOIROS DO ALUMNADO @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Carmen elaborou un obradoiro de Slime,

informouse ben nos libros para saber os pasos correctos,

cubriu o formulario, fixo o cartaz e deu as indicacións para

que todas e todos os apuntados fixeran o seu Slime.

Logo puideron levalo para seguir experimentando cos sentidos.

Un obradoiro pegañento, pero moi motivador. Gracias Carmen!

 

 

 

ESCRITURA MÁXICA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O obradoiro introdúcese cunha pequena historia de Enola Holmes,

gran detective, contándolles como con pequenos experimentos (que parecen máxicos) resolve crimes.

 

A rapazada xa está enganchada aos cómics de Enola de Serena Blasco

(podedes collelos na biblioteca) e xa teñen tamén versión cinematográfica.

 

Xa dentro da historia, só queda participar, escriben algo nun papel con auga e

bicarbonato, o deixan secar e cun pouquiño de zume de uva,

chachán vemos a mensaxe secreta.

 

 

 

 

FLOTACIÓN @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Experimentan coa flotación.

Primeiro deducen que pasará, logo comproban na práctica e cubren os resultados.

Rematan a sesión reflexionando a modo de tertulia.

 

 

 

 

 

A MULLER E A NENA NA CIENCIA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sabemos da importancia que ten sinalar unha data para as mulleres e as nenas na ciencia.

O noso alumnado ten o dereito de educarse neste campo e polo tanto é algo que está presente

durante todo o curso. Temos un club de ciencias, ofértanse obradoiros sobre ese campo,

o mesmo alumnado propón os seus... non pensamos en datas senón en intereses, motivacións...

Visibilizamos a data e conversamos sobre a necesidade de perseguir, cada un, a súa paixón.

E a importancia de que os que nos rodean apoien as nosas decisións.

 

 

 

 

FÓSILES DE DINOSAURIOS #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As familias realizan un obradoiro de fósiles de dinosaurios co alumnado de 4 anos.

Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"

Para quen lle apeteza profundizar temos, entre outros, un libro de realidade

aumentada na biblioteca "Carlos Labraña", IDINOSAURIO.

Ven buscalo!