Skip to main content

Novembro 2021

Volcáns ao noso xeito!

Hoxe, derradeiro día de este mes da ciencia en galego, vos queremos deixar unha pequena mostra do ben que traballa o alumnado desta escola. Como é obvio, o volcán da Palma entrou nas conversas do día a día das aulas dende o inicio de curso e moitos grupos non quixeron deixar pasar a oportunidade de aproveitar para achegarse a este fenómeno natural e, por suposto, a experimentación tiña que estar presente xa que é un método maravilloso para descubrir o mundo que nos rodea mentres que desenvolvemos o pensamento científico, traballamos en equipo...

 

Aquí vos deixamos un Genially coa mostra do traballo de diferentes aulas para que as imaxes falen por si mesmas pero xa vos avanzamos que foi unha gran experiencia!

 

 

 

 

Retos argalleiros!

A ciencia abarca moitos campos e por iso, dentro deste Mes da ciencia en galego, dende a biblioteca Carlos Labraña non quixemos deixar pasar a oportunidade de plantexar un obradoiro de robótica con un material moi chulo da biblioteca creativa: Lego WeDo.

 

Así, a través de diferentes e variados retos, a rapazada de 3º de Primaria tivo que poñerse mans á obra desenvolvendo habilidades STEAM e a súa capacidade de traballo en pequeno grupo, para poder levar a cabo todas as propostas e podemos dicir que o pasaron en grande! E, para mostra, aquí tendes un pequeno vídeo onde os veredes en acción!

 

 

INICIATIVAS DO NOSO ALUMNADO - CREACIÓN DE CLUBS - #Axenda2030 #bescolaresgal

Fomentar a autonomía e o espíritu crítico no noso alumnado sempre da froitos.

Mostra disto é a creación dos clubs.

O alumnado de 5º de Educación Primaria iniciou a súa andaina e son imparables.

Na actualidade coexisten dous clubs, os do Sylvanian Families e I love animals.

 


 

Dende o primeiro intre, organizaron as normas de pertenza ao club,

nomearon presidentas e presidentes, axudantes e creadores dos mesmos.

Prepararon os lugares destinados á actividade para que fosen agradables,

 realizaron xuntanzas nas que tomaron decisións importantes, realizaron cartaces para difundir,

trípticos para brindar información, deseñaron as actividades, así como a distribución de

diferentes obradoiros e organización do material e dos espazos para a súa realización.

 


 

Entre os seus obradoiros: manualidades  de Nadal: Papá Noel, renos... con materiais de refugallo.

Tamén a realización de proxeccións referidas a animais e realización plástica dos mesmo.

 


 

Por suposto, sempre cumprindo o protocolo Covid.

Este alumnado ten o apoio e a supervisión do equipo da BE Carlos Labraña.


VOLUNTARIADO

Posted in

Recén saída a convocatoria para o voluntariado na biblioteca informámos

ao noso alumnado sobre os dereitos e os deberes que conleva colaborar nesta tarefa.

Este ano escolar, por mor da Covid19, poderá participar tamén o alumnado de 3º e 4º.



OBRADOIRO DE COLMEAS - BIBLIOTECA CREATIVA

No mes da ciencia en galego argallamos un obradoiro de colmeas.

 

En grupos cooperativos de 4 ou 5 persoas o alumnado tivo que ser quen de secuenciar as tarefas,

ler as instruccións, chegar a acordos e conseguir un produto final.


Pero durante este proceso tiveron que traballar a pinza e o recortado (que mellora a escrita),

conversar (expresión oral), buscar a información (isto conleva ler e filtrar os datos,  decidir que é o importante e que non).

 

Aquí un vídeo resumo do proceso.

 

PATIOS VIVOS - DÍA DA INFANCIA

Posted in

 

O 20 de novembro é o Día da Infancia.

 

Elas e eles serán os que cambien o mundo, necesitan espazos para medrar, explorar, crecer...

 

Nos Patios Vivos da nosa escola o alumnado goza de xogo libre e en ocasións, de actividades dirixidas.

 

Asi descobren como funcionan as máquinas, pequenos insectos, vermes..., as mesturas, as disolucions,

 

asi achan a ciencia dun xeito placentero e respectuoso co medio e con eles/elas mesmos.

 

Unicef

 

A biblio sempre actualizándose!

A biblioteca é un espazo que non para de actualizarse grazas a suxerencias de mestres/as e da rapazada, melloras que se nos ocorren durante o día a día, actividades que se van demandando... 

Neste caso vos temos que contar que ademáis de libros novos (que damos fe que están moi solicitados!!), temos dúas cousiñas moi chulas: unha escaleira para facilitar que todo o alumnado que o desexe sexa quen de chegar a parte alta das estanterías e poida disfrutar de todos os libros que queira e, unha ampliación do espazo argalleiro que agora conta cunha zona xenial para carpintería, cunha mesa e moitos materiais adecuados a estas labores! Seguro que en breve vos contamos algún proxecto chulo resultado deste espazo!

 

Expoñendo a ciencia

Xa estamos en novembro, mes no que dende Bibliotecas escolares de Galicia se impulsa a celebración do Mes da ciencia en galego polo que Ataúlfo, o noso polbo favorito, xa ten nas súas patas un montón de recomendacións moi chulas en relación a esta temática polo que... si estades pensando en experimentar, argallar ou descubrir os segredos da ciencia, non dubidedes en botar unha ollada!!

 

XOGO DE FUGA - MES DAS CIENCIAS

Todas as persoas aportaron coñecementos á ciencia.

É de máxima importancia visibilizar e poñer as mulleres nestas disciplinas.

Coa intención de crear referentes para as nosas nenas

créase este xogo de fuga para todo o alumnado.

Descobre á alieníxena ou non volveremos!

 

 

RIMAS CON LETRAS NA HORA DE LER!

Posted in

Na hora de ler pódense facer actividades moi diversas, pero en ocasións as sorpresas son tan gratas coma esta.

Sara, Celia e Martina abaneando a poesía coas súas máns. Poñendo música ás verbas!

Gracias rapazas pola vosa creatividade!

Gloria Sánchez e as súas Rimas con letras estarán felices de escoitarvos.