Secretaría

Inicio xornada partida: 3 de outubro

Inicio xornada partida: luns, 3 outubro

HORARIO LECTIVO: 10 h. a 13:30  e de 15:25 h. a 17 h.

Comedor: 13:30 h. a 14:30 h.

Actividades ANPA e recreo : 14:30 a 15:20 h.

Saída: 17 h.

INCIO CURSO 2016-2017

Prezadas familias: 
Iniciamos o curso 2016-17 o vindeiro luns, día 12 de setembro. Lembrámosvos que o horario do mes de setembro é o que segue:


8:50 a 13:10 h.- lectivo
13:10 a 13:50 - comedor e saída do transporte escola
r. 


Neste curso introducimos algunhas novas que agardamos sirvan para mellorar o funcionamento do centro, especialmente nestes primeiros días no  que  todo é  un pouco máis "complexo":
           Os nenos  transportados seguirán a saír pola porta posterior do centro.
           O alumnado de Infantil non usuario do transporte escolar sairá pola súa porta de acceso, sendo entregados  ás familias polas súas profesoras.
            Asemade, primaria, sairá polas portas do comedor


Ningún alumno sen autorización previa da súa familia  sairá só do centro; pregamos o teñan en conta para evitar "problemiñas de última hora". Dita autorización será segundo o modelo oficial que temos no colexio ou cunha nota da familia na que se nos comunique dita decisión (deberá vir asinada, entendendose claramente o nome do pai ou nai que asina).

mércores, 14, ás 17:30 h. na biblioteca haberá a reunión cos pais e nais: primeiro será a nivel de centro e despois por titorías de Infantil, 1º e 2º curso de Primaria.
xoves, 15, ás 17:30 h.reunión coas familias do alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria, na biblioteca do cole
Agardamos contar coa súa presenza. 

Coma sempre, estamos abertos a calquera suxestión e/ou proposta de mellora que redunde no bo funcionamento do centro e na calidade do ensino aos seus fillos/as. 
Un cordial saúdo e un proveitoso curso¡¡
María Núñez
directora 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

Clica no enlace para acceder ao listado completo de libros de texto, curso 2016-17

Solicitude comedor curso 2016- 2017

Clica sobre o enlace para descargar o formulario de solicitude do servizo de comedor:

Anexo II modelo de autodeclaración e especificacións

 

Aberto o prazo de admisión de membros da comunidade educativa, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do servizo de comedor escolar durante o curso 2016-2017.  Impresos en conserxería.  

RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN NOVO ALUMNADO curso 2018 -2019

 Curso 2018 - 2019

 CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:

eserva de praza no centro de orixe ou e adscrición.

Do 1 ao 15 de febreiro.

Data do sorteo público da letra a efectos de desempate.

23 de febreiro

Publicación de postos escolares vacantes.

Antes do 1 de marzo

Novas matrículas: Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou estudos superiores.

 

solicitude ten que facerse co impreso oficial, onde se poderá solicitar ata 6 centros, por orde de preferencia. Presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar.

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo.

A partir do 22 de marzo

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

Antes do 25 de abril

Reclamacións.

 

Realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos.

5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.

Publicación de listaxes definitivas.

Antes do 15 de maio.

No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


RECLAMACIÓN: 

As reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, a Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa, poderanse presentar no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o órgano que as ditou.

 

CRITERIOS A SEGUIR PARA A SOLICITUDE:

No impreso pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia (presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se relaciona como primeira opción, xa sexa público ou concertado).

Todas as solicitudes que non puidesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:

  • Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ao 10 de setembro. 


NORMATIVA:

·         Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)

·         Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

·         Corrección de erros da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG)


DOCUMENTACIÓN E ANEXOS COS FORMULARIOS:

·         ANEXO I Reserva de praza

·         ANEXO II: Formulario de admisión

 

vacantes:

 

A

(aulas)

B

(alumnos/as)

Vacantes

 Infantil

EI3

1

25

22 (3 NEE)

EI4

1

18

7

EI5

2

29

21

Primaria

EP1

2

25

25  ( 6 NEE)

EP2

2

28

22

EP3

2

29

21

EP4

2

35

15

EP5

2

30

20

EP6

2

29

21

LIBROS 2015 - 2016

Clica no enlace para descargar o listado completo de libros de texto para o curso 2015- 2016

Novas solicitudes de matrícula

CURSO 2015 - 2016: 

Todas as solicitudes de nova matrícula están admitidas. 

Do 20  ao 30 de xuño deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a matrícula.

A dirección

 

Distribuir contido