O planeta dos elefantes

Blogue de 4º de infantil (3 anos)

Blogue de 6º de infantil

    

UN DÍA DIFERENTE!!!

OLA FAMILIAS!

HOXE DESRUTAMOS DUN DÍA DIFERENTE...FOMOS DE RUTA POR MONFORTE, MERENDAMOS NA PRAZA DE ESPAÑA E  GOZAMOS DUNHA OBRA DE TEATRO CREADA POR COMPAÑEIROS DO NOSO COLEXIO, QUE FALABA DAS DIFERENTES CORES.. E TEMOS QUE DECIR QUE O FIXERON DE MARABILLA!!

AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DO BEN QUE O PASAMOS!

 

 

 

 

 VÉMONOS PRONTO!!

AULAS DOS PLANETAS E DOS ELEFANTES

 

Ola familias!

Como ben sabedes no segundo trimestre comezamos a traballar o proxecto sobre o noso corpo. Os pequenos/as están aprendendo moito e ademais contamos coa colaboración de persoal pertencente á rama sanitaria, que se achegou ó cole para compartir os seus coñecementos e amosar as súas profesións ós nenos/as.

Moitos deles foron familiares dos alumnos/as, que recibimos encantados por colaborar con nós. 

A continuación deixámosvos unhas fotiños destas visitas:

 

Ata pronto!

O planeta dos elefantes.

OBRA DE TEATRO: SAAAABOR!

Hoxe desfrutamos no colexio, dun espectáculo cómico chamado SAAABOR,  que mezcla música, maxia, humor, ritmo e a participación do público co mundo da gastronomía saudable de fondo. 

No espectáculo, dous recoñecidos chefs chegaban o noso colexio nunha peculiar food-truck ca idea de mostrarnos as súas habilidades, pero as cousas non acababan de funcionar como desexaban…

Aquí podedes ver algunhas fotos do espectáculo, que sen duda fíxonos rir e pasar un rato estupendo.

 

 

 

Aulas dos Planetas e dos Elefantes.

 

CONTACONTOS "OS 3 PORQUIÑOS"

Hoxe viñeron á escola a contarnos a través dun contacontos musical, a verdadeira historia dos 3 porquiños Fusco, Xaquín e Maruxa.

Con diferentes contos e instrumentos de música, fomos descubríndoa e pasamos un momento do mais divertido. 

Aquí podedes ver algunhas fotos..

 

Vémonos pronto con máis novas.

 

Aulas dos Planetas e dos Elefantes

Ola familias!

Queremos contarvos algunhas cousiñas que fixemos neste segundo trimestre.

Participamos nun taller de emocións onde coñecemos a un monstro moi chulo!

 

 

Visitamos a Casa da Fonte. Nesta saída pasámolo xenial vendo animaliños e facendo manteiga!

 

 

E celebramos o Entroido! Cumprindo as ordes do meco, disfrazándonos e facendo un desfile co resto do cole!

 

Ata pronto!

Os planetas e os elefantes.

XA REMATOU O 1º TRIMESTRE

Ola familias!

Xa rematou o 1º trimestre e xa estamos metidos en pleno Nadal, pero antes de despedirnos ata o ano que ven, queremos contarvos algunhas cousas ...

 O longo de estas últimas semanas, todas as aulas de infantil, estiveron preparando unha sorpresa que chegaba as vosas casas en forma de carta. Nas seguintes fotos, podedes ver con que ilusión foron os vosos fillos e fillas a meter ditas cartas no buzón... Esperamos que vos gustase a sorpresa, porque a fixeron con moito cariño e ilusión.

 

 

 

 

O derradeiro día de clases tivemos a visita de Papá Noel, ¡Foi unha auténtica sorpresa!

 

E tamén tivemos a vista duns amigos un tanto especiais, 3 cans chamados Arnold, Thor e Anca, do servicio de Cans de Salvamento de Galicia (CASAGA) , que mediante o programa "Canvivindo" fixeron que pasaramos un rato fantástico e coñeceramos un pouco máis sobre o seu coidado e o seu traballo. Unha actividade maravillosa!

 

 

 

E sen máis, desexámosvos que pasedes unhas boas festas!

Vémonos pronto

Os Elefantes e os Planetas

 

XOGOS DO MAGOSTO

OLA FAMILIAS!

XA ESTAMOS DE NOVO POR AQUÍ PARA CONTARVOS QUE HOXE DESFRUTAMOS XUNTO CO RESTO DO COLEXIO, DUNS DIVERTIDOS XOGOS DO MAGOSTO, E  COMO PODEDES VER A CONTINUACIÓN,  PASÁMOLO EN GRANDE.

               

                 

 

 

               

             

 

VÉMONOS PRONTO!

OS PLANETAS E OS ELEFANTES

 

NOVAS DAS AULAS DE 3 ANOS

 

OLA FAMILIAS!!

TEMOS QUE CONTARVOS MOITAS COUSAS..

COMO XA SABEDES O LUNS 18 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE, E AS AULAS DE INFANTIL FIXEMOS UNHAS BROCHETAS DE FROITA QUE ESTABAN RIQUÍSIMAS.

 

 

 

 

 

 

 

ESA MESMA SEMANA CELEBRAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS, COÑECENDO A POETA OLGA NOVO, E OS DE INFANTIL FIXEMOS UNHA AUTENTICA OBRA DE ARTE ADICADA A ESTA POETA.

 

 

O VENRES DÁI 29, CELEBRAMOS A FESTA DE SAMAÍN, E VIÑEMOS DISFRAZADOS A ESCOLA, DANDO AUTÉNTICO MEDO. ADEMAIS XOGAMOS COAS LUCES E PASÁMOLO XENIAL!

 

 

 

 

PRONTO TEREDES NOVAS NOSAS, ATA AQUELA  DESPEDÍMONOS.

 

OS ELEFANTES E OS PLANETAS

 

AS AULAS DE 3 ANOS TEMOS ALGO QUE CONTARVOS...

OLA FAMILIAS!!

DESPOIS DE LEVAR POUCO MAIS DUN MES XUNTOS, AS AULAS DE 3 ANOS TEMOS QUE CONTARVOS UNHA GRAN NOTICIA... 

POR FIN ELEXIMOS UN NOME PARA CHAMAR A CADA UNHA DAS NOSAS AULAS..

 

A AULA DE 3 ANOS A (PROFE VICKY), CHAMARASE A PARTIR DE AGORA: A AULA DOS ELEFANTES

 

E A AULA DE 3 ANOS B ( PROFE ISA), CHAMARASE: A AULA DOS PLANETAS..

 

 

DE AHÍ QUE NOSO BLOGUE DA ESCOLA CHÁMESE O PLANETA DOS ELEFANTES.

 

PERO TAMÉN ESTIVEMOS TRABALLANDO, E REALIZAMOS DIVERSAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO OUTONO.

PODEDES VER UN PEQUENO RESUMO DAS MESMAS NAS SEGUINTES FOTOS.

A VERDADE, E QUE O PASAMOS MOI BEN REALIZÁNDOAS.

 

 

 

 

 

 

PRONTO TEREDES NOVAS NOSAS, PERO ATA AQUELA, QUE DISFRUTES DO FIN DE SEMANA.

SAÚDOS.

OS ELEFANTES E OS PLANETAS.

 

Distribuir contido