Educación infantil, 4º infantil (3 anos), 5º infantil (4 anos), 6º infantil (5 anos), Psicomotricidade infantil, Atención educativa (valores)
Que comece a función!
Enviado por goretti o Sáb, 10/17/2020 - 15:28
Ola familia!
Os nenos e nenas de infantil vamos comezar co proxecto O CIRCO, por iso precisamos que nos axudedes a buscar información sobre os seguintes apartados:
- Onde e como se instala?
- Onde viven os artistas?
- Onde actúan?
- Que fan antes de actuar?
- Que hai na entrada do circo?
- Que artistas actúan?
- Que fan ao acabar a función?
Agradeceriámosvos que a información que nos acheguedes sexa concreta e fácil de entender para todos.
Podedes facilitarnos todo tipo de material: vídeos, fotografías, contos, xoguetes, libros,...
Tamén vos pedimos a vosa colaboración participando da ilusión que vos transmita o voso fillo ou a vosa filla cando vos explique o que traballou na aula.
Un saúdo,
O equipo de educación infantil
Vídeo fin de curso
Ola ola!
Como non puidemos rematar o curso todos xuntos e xuntas nas aulas, fixemos este vídeo para recordar os momentos vividos no cole e na casa. Esperamos que o disfrutedes e que vos guste moito!
Aproveitamos para despedirnos ata o vindeiro curso, non sen antes darvos as grazas polo voso traballo, implicación e esforzo, do que somos conscientes.
Feliz verán, vémonos axiña!
Un bico enorme do equipo de Educación Infantil.
Tarefas semana 15 de xuño
Ola ola!
Como foi a semana? Xa imos rematar o proxecto, esperamos que vos gustase e aprendérades moito.
Aquí vos engadimos a proposta para esta semana. Pincha aquí.
Un biquiño
Tarefas semana 8 de xuño
Ola ola!
Como vai todo? Xa non queda nada para rematar o proxecto, así que... veña un último empuxón!
Aquí vos engadimos a proposta para esta semana. Pincha aquí.
Un biquiño
Tarefas 1ª semana de xuño
Ola ola!
Que tal foi a semana? Seguro que vos estades convertindo nuns expertos co proxecto! Para que sigades investigando e aprendendo moito máis, aquí vai a proposta das mestras para esta semana. Pincha aquí.
Ademais para os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil (4 anos) deixámosvos unhas actividades para traballar lectoescritura. Pincha aquí.
Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil (5 anos) esta semana seguen coa letra "g" no caderno de Consonantes 3.
Boa semana!
