Alumnado, coidadoras e profesorado celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente lendo no patio durante a Hora de Ler.

Cada 5 de xuño celébrase mundialmente o día do medio ambiente coa finalidade de concienciarnos sobre a importancia de protexer o noso planeta e promover accións individuais e colectivas a prol da conservación do medio.
Desde a biblioteca, prográmase a hora de ler deste día no patio, cunha triple finalidade: a educación no coidado dos espazos verdes do cole, a lectura e a inauguración do novo equipamento instalado no exterior grazas a dotación económica recibida do programa de Bibliotecas Escolares PLAN LIA. Programa que nos permitiu modernizar a nosa biblioteca a nivel de instalacións, fondos e prestacións (E-ELBE 2, KOHA,). Pero ademais das melloras realizadas no interior do centro hoxe pareceunos un estupendo día para inaugurar o equipamento que a biblioteca ven de instalar no exterior: dúas casiñas minibibliotecas, coa finalidade de fomentar a lectura libre no exterior , e unha pérgola que agarda ser un punto de encontro para ler, investigar e experimentar, un laboratorio de experiencias múltiples instalado nun entorno natural que nos permitirá observar , estudar e coidar a natureza.
Con estas novas instalacións a biblioteca abre as portas ao exterior para favorecer a alfabetización múltiple ,aproveitando o entorno natural do noso centro e fomentar unha educación saudable e respectuosa co medio ambiente nun entorno natural e acolledor.
Así foi a nosa Hora de Ler este 5 de xuño de 2023:
Rematado o recreo, o alumnado xa non sube as aulas; cada quen diríxese a súa zona de lectura, previamente anunciada por megafonía.
No patio de infantil: alumnado de 4 e 5 anos cos padriños lectores de 5º de primaria





Na zona do pavillón: alumnado de 3º, 4º e 5º.




No patio próximo a biblioteca: alumnado de 1º e 2º.



Na pérgola: alumnado de 3 anos e alumnado de 6º.
Optamos por inauguran esta instalación cunha lectura solidaria na que participan o alumnado que se incorporau este curso ao centro e o alumnado que remata primaria. A cada neno/a de 3 anos un ou dous alumnos de 6º lles le un conto, xunto a outros compañeiros de 6º que incentivan á lectura co seu exemplo lector.






Unha fermosa experiencia para repetir moitas veces.