Skip to Content

Formación

OBRADOIRO DE RADIO CON CHARO PITA

O luns 18 de marzo tivo lugar na biblioteca un obradoiro de locución e expresión oral a cargo de Charo Pita no que participaron o alumnado de 4º e 5º.

 

 

O noso alumnado traballou a expresión oral e a locución radiofónica formación necesaria para seguir sacando o maior partido a esta labor formativa, dinamizadora e informativa da radio escolar,   Radio Forte.

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE CÓMIC – CON CRISTIAN CARUNCHO

Onte, martes 27 de febreiro, visitounos Cristian F. Caruncho, ilustrador e deseñador de cómics. Gañador do Premio Castelao de Banda Deseñada, da Deputación de A Coruña, polo seu western dos porcos bravos O día de San Martiño.

Durante a mañá Cristián imparte dous obradoiros ao alumnado de 5º nos que a través dunha creación propia, Saínza a Punkereteira, amosa o proceso a seguir na elaboración dun cómic:

elixir unha personaxe, pensar unha historia, buscar información, fotografar ou visualizar escenas da vida real para realizar os nosos debuxos, etc.


 

Como poidemos ver o resultado final é froito dun laborioso proceso.

 

Tanto a nivel gráfico como a nivel narrativo, dous aspectos que no cómic van da man.

No caso de Cristian poidemos comprobar que as súas creacións están inspiradas na súa vivencia persoal: lugares, amistades, persoas coñecidas, etc. e no caso da ilustración do libro Saínza a Punkiereteira no traballo colaborativo con Maria Canosa, autora do texto.

Tras esta presentación inicial do seu traballo e o proceso de realización paso a paso tocalle ao alumnado de 5º poñer en marcha a súa imaxinación e os seus dotes narrativos e artísticos pois deben elaborar un cómic no que o seu personaxe se atope con Saínza a Punkieriteira.

 

Sentimonos orgullosos do noso alumnado que traballou ilusionado na creación deste cómic aproveitando estupendamente o apoio e colaboración de Cristian en todo momento.

En tan pouco tempo no é posible rematar un cómic pero si facer un boceto é a verdade que temos que felicitar ao noso alumnado porque o fixeron xenial.

 

Alguns quedaron no tempo de lecer falando con Cristian querían saber máis sobre como debuxar ... e incluso querían ter un recordo persoalizado deste encontro. Non reparou en facer un debuxo a todas aquelas persoas que llo pediron 

Un obradoiro formativo recomendable.

Para rematar damos as Grazas a Cristian por agasallar a Biblioforte cun exemplar de Sainza a Punkiereteira e Dorotea e como non, tamen por todos os debuxos cos que agasallou ao noso alumnado.

Grazas.

Obradoiro de radio

O pasado 22 de setembro o alumnado de 4º de primaria participou activamente nun obradoiro de Radio con Damián de Ponte nas Ondas.

 Durante este obradoiro coñeceron e practicaron: dinámicas de interpretación da voz, técnicas de gravación, nocións básicas do programa Audacity e elaboraron por parellas o guión e a gravación dun programa en directo.

Unha xornada formativa moi interesante 

 

 

Aquí podemos escoitar dous podcast realizados polos participantes acompañados pola profe Cristina.

 

OBRADOIRO DE RADIO CON DAMIÁN DE PONTE NAS ONDAS

 

O mércores 4 de maio o alumnado de 4º participa activamente nun obradoiro de Radio con Damián de Ponte nas Ondas.

 

Damián animou ao noso alumnado a coñecer un pouco máis en profundidade o mundo da radio e a participar na elaboración dun programa de proba.

 

O obradoiro organizouse en tres partes:

 

  • 1ª parte: Dicción e proxección da voz, dinámicas de interpretación da nosa voz.

 

  • 2ª parte: Coñecer técnicas de gravación: como gravar con mais calidade, sen ruídos, como traballar co programa Audacity.

 

  • 3ª parte: Elaboración dun programa en directo, traballando en parellas previamente o guión de elaboración propia.

 

Aquí tedes unhas imaxes e o pódcast realizado:

 

 

 Si queres escoitar o programa realizado durante este obradoiro fai clic no noso logo.

 

Plataforma E-ELBE.2. Lectura dixital de balde

Xa está dispoñible a plataforma de préstamo e lectura dixital E-ELBE.2

Pica no enlace para ir á web E-ELBE.2

...................................

GUÍA USUARIOS E-ELBE.2

  • COMO ACCEDER Á PLATAFORMA E-ELBE.2

  • INSTRUCIÓNS

 Instrucións en pdf

 

Nos próximos días faremos formación de usuarios nas aulas.

Boa Lectura!

Día Internacional da Radio: Obradoiro formativo

A ONU decidiu conmemorar o Día Mundial da Radio o 13 de febreiro porque esta é a data na que se creou a Radio das Nacións Unidas, en 1946. A celebración do Día da Radio foi proclamada en 2011 e é oficial desde 2012, cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a designación deste día como Día Mundial da Radio (WRD).

Radioforte aproveitando esta data organiza un obradoiro formativo para o alumnado de 4º impartido por Pablo Bernedo de ECO FM.

Pablo compartiu con nos a súa afección pola radio, os seus inicios, os lugares e persoas que tivo e ten a oportunidade de coñecer grazas a radio... pero sobre todo o seu amor pola radio, “e moi importante que che guste”

 

Por outra banda tamén nos comentou que ademais de ter uns bos medios técnicos e saber utilizalos os traballadores da radio teñen que formarse e informarse. Todo programa require unha labor de información e programación previa.

Respondeu a preguntas:

“-Os índices de audiencia mostran si estamos no bo camiño”,

“-coñecín a Ronaldo,  -a Chechu Salgado, recentemente galardoado cun Goya... – a Messi non...”

“- grazas a radio viaxei a Macedonia ...”

E para finalizar tivo lugar a parte práctica, un programa informativo, sobre Rosalía de Castro e San Valentín, coa información que previamente o alumnado seleccionara.

Mediante a técnica do flash back, escoitaron a súa voz, comprobaron a importancia de non tocar o micro, colocarse a distancia adecuada,  falar ao micro, empregar o ton adecuado e sobre todo non berrar e gardar silencio para evitar o rum rum de fondo...

Unha importante lección práctica.

A continuación podedes escoitar a gravación de 4ºA sobre San Valentín,. Trátase dunha gravación directa a que tan só se recortaron os comentarios formativos do mestre e algún ruído.

 

Unha fermosa experiencia formativa de grupo que agardamos sexa un comezo de grandes amantes da radio e reporteiros.

Grazas Pablo pola túa colaboración.

 

OBRADOIRO DE LECTURA EXPRESIVA - ABRAZAR COAS PALABRAS

A Consellería de Educación, a través da convocatoria de Voluntariado de Lectura-A, agasallounos cuns obradoiros formativos destinados a incentivar o voluntariado cultural relacionado coa lectura entre o alumnado de quinto e sexto.

A causa do confinamento estas sesións formativas aprazáronse ao primeiro trimestre do curso actual.

Hoxe, recibimos o agasallo de ese premio, un obradoiro de lectura expresiva a cargo de Charo Pita para o alumnado de quinto.

O obradoiro foi ameno, divertido e moi enriquecedor. Durante dúas interesantes horas coñeceron e practicaron técnicas para mellorar a oralidade e a lectura en voz alta.

Pasárono xenial!

5ºA:

5ºA  

5ºB:

  

Saúdo de benvida

 

Olaaaaaaaaa!

Xa queda moi pouco para a volta ao cole. 

Vernos de novo fainos  MOITA ILUSIÓN, aínda que non podamos abrazarnos nin compartir as nosas cousas, o certo é que botamos de menos estar xuntos.

Este curso, por mor do coronavirus, vai ser especial e diferente; pero non vos preocupedes, todo vai saír ben. Xa quedou demostrado que sodes uns súper heroes.

Entre todos venceremos ao malvado coronavirus. Non é difícil, tan só precisamos usar Todos  3 PALABRAS MÁXICAS:

  •  Limpeza  

             

  •  Distancia    

           

  • Máscara

 

Aquí tedes unhas recomendacións para usar as nosas palabras máxicas. 

Ánimo!

  • Informativo: "Cómo lavar las manos"

 

  • Informativo: "Cuándo debo lavar las manos"


  • Canción: "Juntos te pararemos"

Dígocho eu

DígochoEu.

Na canle da CRTVG podemos acceder a unha serie de interesantes vídeos que nos aclaran dúbidas lingüísticas.

 


Distribuir contido


by Dr. Radut