Skip to Content

Plambe

Radio Forte, nos encotros PLAMBE 22-23

Coa ilusión de explorar novos camiños cos que fomentar a lecto-escritura, a investigación, a expresión oral e a inclusión en 2019 xorde Radio Forte.

Comeza a súa andaina grabando cun móbil e/ou portátil, con poucos recurso pero coidando cada momento, sabedores da importancia deste recurso na mellora formativa, competencial e vivencial do noso alumnado e na súa repercusión na comunidade educativa.

No curso 2020-21 este ilusionante proxecto, Radio Forte, entra a formar parte de Radio Na Biblio.

E, recentemente, fomos seleccionados como un dos centros escolares, dentro do programa de mellora de bibliotecas escolares, PLAMBE, Radio na Biblio, merecedor de dar a coñecer a súa experiencia nos Encontros PLAMBE 22-23

,

encontros de recoñecido prestixio, o que supón un claro referente e recoñecemento ao labor desenvolvido ao longo destes anos e, por suposto, no curso actual.

 

Experiencia presentada por Cristina,  actual dinamizadora de Radio Forte.

(Encontros PLAMBE 22-23)

Grazas as familias e ao persoal non docente, sempre dispostos a colaborar, ao alumnado, ao profesorado e a Cris, que tanto se está implicando con este proxecto.

Grazas a todos e a desfrutar deste recoñecemento de todos.

Parabéns!!!!

 

 

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

 

 

 Ver coa imaxinación ou volver ver por medio da memoria é o patrimonio da escritura. Ernaux, Annie. El Acontecimiento. 

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.

 A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:

  • Escribir para saber, para aprender.
  • Escribir para comunicar e comunicarnos.
  • Escribir relatos, historias.
  • Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
  • Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
  • Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
  • Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
  • Escribir para incluír e visibilizar.
  • Traducir.
  • Reescribir, versionar e adaptar.
  • Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
  • Escribir para  estimular a creación.

 

 

Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.

 

TEXTO: Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

 

BIBLIOFORTE: TRANSICIÓN

 

 Biblioforte, inmersa en pleno proceso de remodelación e ampliación durante o terceiro trimestre agarda reabrir as portas antes de rematar o curso en agradecemento a todas as persoas que dun xeito ou outro contribuíron a facer posible este proxecto e que no próximo curso non están.

 

Vaia esta reportaxe fotográfica en agradecemento a toda a comunidade educativa pola súa comprensión e colaboración; pois, como toda obra, supuxo trastornos e traballo extra.

Grazas!

 

 

 

 

 

 Grazas!

 

BIBLIOTECA ESCOLAR VIVEIRO DE CIDADANÍA

BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA (Texto: Asesoría de Bibliotecas Escolares)

   Xa coñecemos o lema escollido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para as bibliotecas do PLAMBE durante o curso 2019/2020: 

 

BIBLIOTECA  ESCOLAR, VIVEIRO  DE  CIDADANÍA

 

Ilustrador Óscar Villán

    «Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas.  

 

    A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta.»

 

Texto completo: Asesoría Bibliotecas Escolares 

.

Distribuir contido


by Dr. Radut