Billarda

Visita virtual da Investigadora María Fernández ao noso centro

 

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 70/474/Add.2 de 2015, decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.

 

 

A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas. 
 
 
 
Para conmemorar este día no noso centro, convidamos a unha visita virtual na nosa biblioteca á Psicóloga e investigadora monfortina María Fernández, que ven de recibir un premio internacional de neurociencia polos seus estudios sobre o proceso de lectura.
 
 
María Fernández López licenciouse en psicoloxía pola Universidade de Santiago e ten ademáis un máster pola Universidade de Valencia, onde actualmente imparte clases no departamento de metodoloxía das ciencias de comportamento ao tempo que realiza tarefas de investigación. 
 
Tamén ten partcipado activamente en congresos científicos en España, Reino Unido, Alemania, Rusia, Canadá e EEUU,e ten publicado diversos traballos en revistas especializadas. 
 
O proxecto polo que foi premiada estudia o funcionamento do cerebro ao ler e descifrar letras distorsinadas, como por exemplo nos CAPTCHAS das páxinas web.



 

 

Día da paz 2021

A pesares da situación que estamos a vivir; dos momentos tan complexos que temos e da incertidume que nos acompaña todo o día... aínda temos enerxía para conmemorar co noso alumnado datas moi importantes. Todo o centro colaborou para construir un muro pola paz, no que amizade, solidariedade, xustiza, bicos e outros verbas fermosas constrúen este bonito mural que reflexa os nosos desexos.

 

Recursos para Samaín

 UNIDADES DIDÁCTICAS

  Tamén podes consultar as UD de anos anteriores:  

2012 2014
2015 2016

 

 

Outros recursos interesantes:

 CANCIÓNS

Paco Nogueiras - Samaín

 

Uxía Lambona e a banda molona - Samaín

 
Skeleton Dance
 
 

Curtametraxes

 
A aventura de Nera - Unha historia de Samaín

 

A bruxa regañadentes
 
 
Os difuntos falaban Castelao
 
A meiga chuchona
 
Fiz o coleccionista de medos
 
 

 

Pato Donald Truco o trato
 

 

COREOGRAFÍAS

 
This is Halloween
 
 
 
Rave in the grave



 Spooky Scary Skeletons

 
 

 
Just Dance Haloween Compilation


BILLARDA 2013

Xa está aquí a revista do colexio BILLARDA 2013: a disfrutala.


BILLARDA 2010

Clica sobre o enlace para acceder á revista escolar "Billarda", correspondente ao curso 2009-2010.

Billarda- 2009

 

Por fin, xa tedes á vosa disposición unha nova edición da revista escolar.

Este curso tardamos un pouquiño máis... porque como veredes tivemos  moitísimos traballos dos alumnos e alumnas do centro.

Grazas a todos e a todas polas vosas colaboracións.

Para lela, só tedes que clicar sobre o arquivo adxunto.

 

 

Billarda 2008

Podes descargar o número de A Billarda do ano 2008

Portada da Billarda 2008

 

Distribuir contido