Orientación

O Departamento de Orientación

 

QUE É?

É un servizo máis do Ceip  de Monforte que forma parte esencial da actividade educativa e que ten a finalidade de asesorar ao alumnado, ás familias e ao profesorado, en aspectos relacionados coa acción titorial, os procesos de ensino e de aprendizaxe que teñen lugar nas aulas, o desenvolvemento persoal e social do alumnado e a atención á diversidade.

 

POR QUEN ESTÁ FORMADO?

A Xefa do Departamento (A Orientadora)

A Directora e a Xefa de Estudos do Centro.

As profesoras de Pedagoxía Terapéutica.

A profesora de Audición e Linguaxe.

Os/as coordinadores/as de cada Ciclo (tres de E. Primaria e unha de E. Infantil).

 

¿QUE SERVIZOS PRESTA?

 

Colabora co profesorado e apoia a este na procura dunha maior calidade educativa.

Valora as necesidades educativas do alumnado e deseña e propón estratexias de intervención personalizada para lograr unha adecuada atención á diversidade.

Asesora ás familias no que respecta ás necesidades educativas dos seus fillos e fillas e facilita o diálogo e a colaboración familia-centro, en busca dunha oferta educativa para o alumnado, concreta e unificada.

Mantén contactos con outras institucións alleas ó centro que poidan reportar algún beneficio educativo para o Colexio: universidades, concellos, asociacións, etc.

 

ONDE ESTÁ?

 

Ten a súa sede na segunda planta do Colexio, fronte á aula de 6º B. .

QUE HORARIO TEN?

Ten o mesmo calendario (de setembro a xuño) e o mesmo horario (de 10 a 13 e de 15 a 17 horas) có resto do Centro.

- Previa cita, na sede do departamento ou no teléfono: 982 400 442

 

A razón de ser do Departamento de Orientación consiste en “axudar”.

Axudar a calquera membro da Comunidade Educativa: profesorado, familias e, por suposto, alumnado.

Axudar en calquera tema ou aspecto que mellore a calidade educativa do Centro.

Axudar para que a oferta educativa do Novo Colexio de Monforte sexa xustamente a que necesitan todos e cada un dos seus alumnos e alumnas.

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Estimulación da linguaxe

No triptico adxunto dámosvos algunhas recomendacións para estimular a linguaxe dos vosos fillos e fillas, así como erros que debedes evitar.  Clicade sobre este enlace.

Pódese descargar e imprimir.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

A orientación enténdese como un proceso que inclúe a toda a comunidade educativa, que comeza no momento da escolaridade e remata ao finalizar as ensinanzas non universitarias. Forma parte esencial da actividade educativa, establecendo unha vía de asesoramento permanente ao profesorado e ás familias.

Así pois, o Departamento de Orientación debe abordar, no seu ámbito de intervención, a toda a comunidade educativa, contribuíndo ao pleno desenvolvemento das potencialidades de todos os nenos e nenas, facilitando os procesos de normalización e integración do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

 

ENLACES INTERESANTES

 

Profesorado de alumnado con necesidade específica de apoio educativo, e profesorado de Educación Infantil:

 

http://pensandoenimaxes.blogspot.com/ 

 

 Esta páxina contén interesantes materiais, con vídeos sobre o autismo, contos pictografiados, consellos sobre bibliografía e películas, cancións con pictogramas, bibliografía sobre o espectro autista, pictogramas animados, e outros materiais de apoio visual moi útiles para traballar con alumnado con diversas necesidades.

 

Equipo de orientación específico:

Información sobre os Equipos de Orientación Específicos, que están adscritos aos centros de cadansúa provincia, no que se pode atopar información interesante sobre as necesidades específicas de apoio educativo asociadas a deficiencias visuais, motoras, intelectuais, etc.

http://centros.edu.xunta.es/contidos/eoe/    

     Recursos e enlaces sobre a convivencia:

http://www.edu.xunta.es/convivencia/materiais.html 

Esta páxina contén o plan galego de convivencia escolar, que inclúe vídeos, documentos, webquests, e bibliografía. 

http://convivencia.mec.es/   

Portal do Ministerio de Educación, referente á convivencia. Proporciona información sobre convocatorias, premios e informes, e ofrece un apartado específico de recursos, onde se puede acceder a lexislación, materiais, bibliografía e enlaces a outros portais estatais, autonómicos y europeos. 

http://www.pnte.cfnavarra.es/profesorado/ 

Páxina da Comunicade Foral de Navarra, que contén materiais para desenvolver a titoría, programas preventivos, e unha guía para a intervención en casos de intimidación e acoso entre compañeiros.  

 http://www.educantabria.es/

Portal de educación do goberno de Cantabria. 

 http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos/educacion_paz.php3 

Rede Telemática Educativa de Andalucía, Averroes, que inclúe materiais de educación para a convivencia e a paz. 

http://www.educalia.org/tolerancia0/jsp/home.jsp?idioma=es 

En Educalia podemos atopar suxestións sobre como actuar ante diversos casos de agresión.

www.educa.jccm.es/

 Portal da Consellería de Educación de Castilla la Mancha, que contén materiais interesantes sobre a convivencia escolar. Inclúe unha guía para as familias, e outra para os centros educativos.  

HORARIO DE ATENCIÓN A NAIS E PAIS.

Luns: de 16:00 a 17:00 horas.

Martes: de 12:30 a 13:30 horas.

Xoves: de 12:30 a 13:30 horas.

Se a estas horas non poden asistir, poden solicitar cita previa para calquera outro día e hora.

OUTROS DOCUMENTOS DE INTERESE.

 

Distribuir contido