Localización, Dependencias, Organigrama, Noso cole

Onde estamos...

Fai clic na imaxe para abrir a ubicación en google maps

 

Na rolda Mª Emilia Casas Baamonde, s/n; fronte ao Conservatorio de Música Mestre Ibañez e a carón do Río Cabe. 

Coordenadas: 42.52832552745682, -7.510051642197944

 

 

Equipo humano

 

 

 

 

 

Organos Colexiados

  • Claustro de profesores, composto por 26 docentes

     

  • Consello escolar. É o máximo órgano do centro e está integrado por:

- Directora, como presidenta.

- Xefa de estudios.

- Secretaria, con voz pero sen voto.

- 5 representantes do profesorado

- 4 representantes dos pais/nais

- 1 representante da ANPA

- 1 representante do Concello

- 1 representante do persoal non docente

  • Comisión de coordinación pedagóxica (CCP), integrada polo Director, a xefa de estudios,  orientadora e todo o profesorado.
  • Equipos docentes:  compostos polo profesorado que imparte clase nun  mesmo nivel educativo.
  • Equipo de biblioteca; Equipo Edixgal/ Tic; Voz Natura; Plurilingüe.
  • Departamentos: a) de actividades complementarias e extraescolares, b) de normalización lingüística e c) de orientación.

Organos Unipersoais

  • Directora
  • Xefa de Estudios
  • Secretaria

Equipo docente

Xeneralistas Especialistas Total
Infantil Primaria In Fr Mu EF PT AL Ori Rel
4 11 2 1 1 2 2 1 1 1 26

Persoal non docente.

  • 1 Cociñeira e 2 auxiliares de cociña.
  • 2 Limpador/a;
  • 1 Coidadora
  • 1 Conserxe

Somos...

O  CEIP Plurilingüe  Monforte é...   

Un colexio público, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparte a Educación Infantil e a Educación Primaria.

Un colexio que busca a formación integral e personalizada do seu alumnado.

Un colexio para todos/as, solidario e integrador, que persigue a mellor inserción de cada individuo na sociedade e que loita pola igualdade de oportunidades.

Un colexio participativo, democrático e pluralista para que toda a comunidade poida intervir na concreción dun modelo educativo de todos e de todas.

Un colexio crítico e comprometido na defensa de valores coma a xustiza, a amizade, o respecto, a solidariedade, a paz, a tolerancia, a liberdade, o coidado do medio natural e cultural...

Un colexio activo e creativo que prioriza aprendizaxes significativas, reflexivas e intelixentes, fronte ás pasivas e memorizadas mecanicamente.

O seu obxectivo é formar alumnos/as con capacidade de....

Comportarse de acordo cos valores básicos que rexen a vida e a convivencia: respecto, democracia, solidariedade, xustiza, tolerancia....

Domina-las habilidades instrumentais básicas: comprensión e expresión oral e escrita, en galego e en castelán, e cálculo matemático que lle permita a resolución de problemas da vida cotiá.

Actuar con autonomía nas tarefas habituais.

Adquirir habilidades sociais básicas para participar con plenitude nas actividades interpersoais e grupais.

Coñece-lo patrimonio natural e cultural máis próximo e participar na súa defensa, conservación e mellora.

Coñece-lo propio corpo e adoptar hábitos saudables que repercutan nunha mellor calidade de vida

Comunicarse a través de medios de expresión plástica, visual e musical, desenvolvendo a sensibilidade e a capacidade de disfrutar das artes.

 

 

Dependencias do cole

 

CEIP Plurilingüe  Monforte conta cun único edificio, que alberga a planta baixa e dous andeis máis.

Non ten barreiras arquitectónicas e conta coas instalacións necesarias para a escolarización de deficientes motóricos: ramplas de acceso, ascensor, baños adaptados.

Todos os espazos docentes e administrativos contan con conexión de rede local e acceso a Internet.

Arredor do edificio principal sitúanse os patios de recreo con catro zonas diferenciadas:

a) pistas de uso polivalente, fronte á entrada do colexio. 

b) pista polideportiva aberta 

c) parque de E. Infantil.

d) Un pavillón polideportivo cuberto e pechado, para  todo o alumnado de Primaria, especialmente indicado nos días de choiva. 

Tamén temos un porche cuberto onde gorecerse nos días que a saída ao exterior é complicada pola climatoloxía. 

O alumnado de infantil conta cun espazo interior para os recreos, no caso de que estea difícil saír ao exterior. 

 

 

Aulas de E. Infantil: 3 aulas, situadas na planta baixa, con baño dentro das mesmas e con material adaptado. Pizarra dixital interactiva en todas as aulas.

Aulas de E. Primaria: 12 aulas, situadas no 1º e 2º andar do edificio

Todas as aulas dispoñen de conexión de rede, ordenador , acceso á Internet e Pizarra dixital intractiva en todas as aulas.  Todos o alumnado de 5º e 6º de Primaria dispón de netbook por ser centro Edixgal. 

Aula de inglés/ Laboratorio de idiomas, con 25 ordenadores, conectados en rede e con conexión á Internet. Conta ademais cun Encerado Dixital Interactivo

 

 

 

Aula de Música, co material específico para o desenvolvemento desta área; ademais de megafonía e PDI. 

 

Aula AL e de Pedagoxía Terapéutica, para apoios individuais ou en pequeno grupo

Comedor con cociña propia

 

Ximnasio interior con calefacción

 

Biblioteca totalmente equipada

 

 

Distribuir contido