Aula dos Peixiños
Benvidas e benvidos ao blogue da Aula dos Peixiños
Enviado por carolina.alvare... o Sáb, 11/12/2022 - 12:18Benvidas familias dos Peixiños!
Damos comezo a este novo espazo, a través do cal abriremos as portas da nosa aula para que podades coñecer un pouquiño máis do que vamos facendo cada día.
Setembro foi un mes de moitas novidades: coñecer aos novos compañeiros e compañeiras, ás mestras e mestres, ir adquirindo as rutinas e normas da aula, gañar autonomía e confianza co noso segundo fogar. Estivo cheo de emocións, descubrimentos e alegría.
En outubro descubrimos novos espazos do cole facendo excursións coas profes para coñecer o ximnasio e o pavillón dos maiores, a nova e marabillosa biblio do cole, as aulas dos Elefantes, Planetas e Nubes. Agora amosámosvos algunha foto das nosas “mini-excursións”:
Neste mes tamén tivemos festividades importantes como foi o Samaín xunto co Magosto. Fixemos actividades terroríficas para traballar a motricidade fina, a experimentación baleirando as nosas cabazas e finalmente, a gran festa de disfraces no cole.
Finalmente, a nosa foto na gran Festa do Samaín.
Esperamos que vos gustara, e seguide atentos, haberá máis e mellor.
Un saúdo enorme
AS CORES DO MUNDO
Enviado por Teresa o Dom, 05/22/2022 - 22:32O día 9 de maio saimos a dar un paseiño por Monforte.
Saimos do colexio , pegadiños ao rio Cabe no paseo do Malecón, chegamos a praza de España e ali tomamos a nosa merenda , para despois ir a Casa da Cultura para ver unha obra de teatro dunhas nenas do colexio.
PRIMAVERA
Enviado por Teresa o Dom, 05/22/2022 - 22:18O día 21 de marzo comenzou a PRIMAVERA, aqui tedes algunas das actividades que fixemos.
Traballamos as emocións, despois dunha charla coa psicologa Alicia
As nenas de sexto de primaria, contannos contos na aula.
Tivemos un teatro moi rico ... SAAAABOR !!!!
CASA DA FONTE
Enviado por Teresa o Dom, 03/06/2022 - 22:12O mércores 23 de febreiro , fixemos unha excursión a Mañente.
Visitamos unha granxa e preparamos manteiga.
Aquí tedes as fotos ... Gustounos moito !!!!
CHEGOU O INVERNO
Enviado por Teresa o Dom, 03/06/2022 - 21:54E seguimos traballando na aula: BONECOS DE NEVE, ÁRBORE DA PAZ ...
Aprendemos xogando cos números ...
Cosemos ...
E ... no patio , xogamos máis abrigadiños
Novembro e Decembro
Enviado por Teresa o Lun, 02/28/2022 - 02:42Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Una pequena caminata para chegar ao buzón de correos ... Gustouvos a sorpresa ?
O día 21 de decembro, tivemos a visita dos CANS DE SALVAMENTO DE CASAGA
Unha visita moi especial
Enviado por Teresa o Mér, 12/08/2021 - 14:43Onte estivo con nos a profe Uxía ...
que ganas de estar con ela e contarlle todas as novas do cole.
"Estou moi contenta de vir de visita ó cole,
gustoume moito estar na clase e ver que grandes estades todos,
espero volver pronto de visita !
Bótovos de menos ! "
UXÍA
SAMAÍN
Enviado por Teresa o Lun, 11/01/2021 - 00:24Onte celebramos o SAMAÍN e o MAGOSTO.
Viñemos todos disfrazados e a algún case nin o coñecíamos!!
Na hora da merenda comemos castañas e incluso as bullamos soíños!
Tamen pintamos unhas cabaciñas.
E no comedor .... un menú terrorífico, estaba riquísimo !
