Blog 1º B
Festa Fin de Curso
Enviado por montse o Lun, 08/29/2022 - 19:41Chegou o remate de curso e con el os nervios e a ilusión polas vacacións de verán. Recordade que a nosa participación nos Festivais de Nadal e de Fin de Curso podédela ver nos genially que se elaboraron para ambas ocasións e que se atopan na información central da páxina web. Estamos de festa gastronómica na aula e de xogos no patio. Ata o curso que ven
biquiños a tod@s
Excursión de Fin de Curso
Enviado por montse o Lun, 08/29/2022 - 19:27Foi unha idea xenial programar esta excursión á Escola de Hostelería Fundación Belarmino Fernández en Rosende. Recibíronnos estupendamente e permitiron que participaramos na elaboración dos alimentos e bebidas que logo poidemos degustar. Por todo isto moitas grazas.
Saídas
Enviado por montse o Lun, 08/29/2022 - 18:59Fixemos unha andaina por Monforte. Subimos ao monte de San Vicente e vimos a Torre da Homenaxe. Despois baixamos observando a muralla e as portas.
Adiviña onde está o noso cole
Tamén visitamos o Centro do Camiño de Inverno e o Malecón
Bibliocolaboradores
Enviado por montse o Lun, 08/29/2022 - 18:15Tivemos a sorte de que visitaran a nosa aula bibliocolaboradores voluntarios de Biblioforte para facer contacontos e lernos libros do noso interese. Grazas
Teatro
Enviado por montse o Lun, 08/29/2022 - 13:42Sempre estamos atentos nas obras de teatro e nos contacontos.
- Teatro en inglés
- Teatro no patio
Celebracións
Enviado por montse o Lun, 08/29/2022 - 13:36Pasámolo moi ben nas festas do cole.
- Magosto e Samaín
-Visita de Papa Noel
-A PAZ
- O Entroido
Obradoiros
Enviado por montse o Lun, 08/29/2022 - 13:23Durante todo o curso participamos en obradoiros nos que colaboraron con nós diferentes persoas e entidades.
-Canvivindo, ofreceronnos unha charla sobre o coidado das mascotas e a importancia dos cans de salvamento, así como una demostración fantástica
- A importancia das emocións e a autoestima
- o 8 M
- Happy Easter
- Poesía creativa
- Coñecer o labor da Policia Nacional
Proxectos
Enviado por montse o Lun, 08/29/2022 - 12:57Ao longo do curso realizamos varios proxectos nos que aprendimos e nos divertimos moito.
Algúns deles foron.
- Axudar a manter limpo o patio e o noso entorno natural
-A natureza
- A importancia das tres R. Reduce, Recicla e Reutiliza
- Colaborando nos proxectos organizados dende Biblioforte, a biblioteca do cole
- Xornada de xogos organizados no patio
A nosa colleita
Enviado por montse o Lun, 08/29/2022 - 11:47Comezamos o curso recollendo os froitos que nos dan as plantas que puxemos no horto o curso anterior.
