Escola de Pais e Nais
Recomendacións sobre control parental
Boas tardes, aínda que debe apelarse á responsabilidade dos nenos e nenas co uso dos ordenadores e móviles, e traballar nesa liña, é certo que con algún é difícil deixar esa marxe de confianza e os adultos debemos controlar ou estar máis informados dos contidos aos que acceden. Como algunhas familias están interesadas en ter un maior control dos contidos que os seus fillos/as ven desde os dispositivos móviles, aquí vai información que estivemos recabando e posibles solucións que esperamos vos sexan de axuda (e envío a todos por se houbese alguén máis interesado):
SOBRE O QUE É O CONTROL PARENTAL
https://empantallados.com/control-parental/
PARA MÓBILES
RESPECTO AOS ORDENADORES EDIXGAL
Sobre os que preguntamos específicamente, porque son os que todos teñen. A resposta dos Coordinadores Edixgal foi a seguinte:
“Nos equipos non é posible instalar ningún software, pero tampouco sería necesario. A maioría dos proveedores de internet ofrecen un servizo de control parental que pode ser solicitado e activado polo titular da liña. Este control parental actívao o proveedor de internet e funciona sobre a propia rede, independentemente do dispositivo que se conecte: ordenador, portátil, tablet, móbil…
O máis recomendable será que a familia contacte co seu proveedor de internet para que lle informe das opcións de control parental que ofrece e como pode contratalo.”
INCIBE- Is4k
E, por último, do programa Is4k = Internet Segura for Kids, do Incibe (Instituto Nacional de Ciberseguridad de España), este teléfono e web en caso de que sexa preciso:
“Ya está disponible la línea gratuita y confidencial, de ayuda en casos de menores relacionados con tecnología (dependencia, ciberacoso/bullying, sexting, dudas, prevención, comportamiento...).
Tfno: 900 116 117
Y no solo para menores: también para padres/tutores y educadores (virus, contenidos inapropiados, privacidad/identidad...)
