Dependencias

Dependencias do cole

 

CEIP Plurilingüe  Monforte conta cun único edificio, que alberga a planta baixa e dous andeis máis.

Non ten barreiras arquitectónicas e conta coas instalacións necesarias para a escolarización de deficientes motóricos: ramplas de acceso, ascensor, baños adaptados.

Todos os espazos docentes e administrativos contan con conexión de rede local e acceso a Internet.

Arredor do edificio principal sitúanse os patios de recreo con catro zonas diferenciadas:

a) pistas de uso polivalente, fronte á entrada do colexio. 

b) pista polideportiva aberta 

c) parque de E. Infantil.

d) Un pavillón polideportivo cuberto e pechado, para  todo o alumnado de Primaria, especialmente indicado nos días de choiva. 

Tamén temos un porche cuberto onde gorecerse nos días que a saída ao exterior é complicada pola climatoloxía. 

O alumnado de infantil conta cun espazo interior para os recreos, no caso de que estea difícil saír ao exterior. 

 

 

Aulas de E. Infantil: 3 aulas, situadas na planta baixa, con baño dentro das mesmas e con material adaptado. Pizarra dixital interactiva en todas as aulas.

Aulas de E. Primaria: 12 aulas, situadas no 1º e 2º andar do edificio

Todas as aulas dispoñen de conexión de rede, ordenador , acceso á Internet e Pizarra dixital intractiva en todas as aulas.  Todos o alumnado de 5º e 6º de Primaria dispón de netbook por ser centro Edixgal. 

Aula de inglés/ Laboratorio de idiomas, con 25 ordenadores, conectados en rede e con conexión á Internet. Conta ademais cun Encerado Dixital Interactivo

 

 

 

Aula de Música, co material específico para o desenvolvemento desta área; ademais de megafonía e PDI. 

 

Aula AL e de Pedagoxía Terapéutica, para apoios individuais ou en pequeno grupo

Comedor con cociña propia

 

Ximnasio interior con calefacción

 

Biblioteca totalmente equipada

 

 

Distribuir contido