Complementarias

CESTA ENTROIDO 2017

Hoxe os alumnos/as de sexto entregaron  a Isabel, nai de Martina e Carla, a cesta de Entroido¡¡ Parabéns e que a disfrutedes¡¡¡

ENTROIDO 2017

ENTROIDO  2017

 

Compadres: O Concello pon a disposición do centro un autobús  para levar  o Compadre, nenos e adultos que os acompañen ata a Praza de España. A saída será dende a porta lateral do Centro, ás 17:15 h. unha vez marchen todos os transportes escolares. Ningún alumno/a poderá ir só.  Agardamos que o noso “Donald presidente” estea moi acompañado ¡¡¡¡

Este curso celebraremos o Entroido dun xeito un pouco especial, polo que ao longo da semana do  20 ao 24, o “Meco” dará instrucións diarias sobre que prenda traer posta: o luns, 20,  deberán traer algo na cabeza (gorro, sombreiro, boina,pañol,  ...).

Os nenos/as iranlles indicando o que o “Meco” lles manda traer cada día.

Non se trata de mercar unha prenda; senón de aproveitar algunha das que xa temos na casa para facer a “festa”.

O venres, 24, o alumnado de 2º a 6º de  Primaria poderá vir xa disfrazado da súa casa (pregamos que sexa sinxelo para poder ir ao servizo¡). Infantil e 1º de Primaria  disfrazarase só pola tarde. Haberá desfile, bica e chocolate para todos (a partires das 15:30 h.).

Asemade, lembrámoslles que os días 27, 28 de febreiro e o 1 de marzo non son lectivos, segundo establece o calendario escolar.

 A dirección

SAMAÍN 2016

SAMAÍN 2016

Ao longo da semana do 24 ao 28  de outubro celebramos no centro o Samaín,  contando  coa colaboración de toda a comunidade educativa. Se queredes ollar os traballos realizados e a marabillosa decoración da entrada ao centro... clicade sobre a imaxe

 

BO NADAL A TODOS/AS

BO NADAL A TODOS E UN ANO DE PAZ.

 

 
Distribuir contido