Complementarias
Participación do CEIP Plurilingüe de Monforte na IV Andaina polo Camiño de Inverno
O pasado mércores 2 de outubro, o alumnado do noso centro participou na IV Andaina do Camiño de Inverno convocada pola Asociación de amigos do Camiño de Inverno.
Os máis pequenos realizaron un percorrido dende San Vicente ata o Parque dos Condes, mentres que os maiores de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria realizaron un tramo máis longo dende Reigada ata o mesmo parque.
Colgaremos en breve vídeos e presentación con fotos do evento.
VIAXE A MADRID: 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Preme aquí e verás o ben que o pasamos en Madrid.
ENTROIDO 2018
ENTROIDO 2018
Celebramos o Entroido dun xeito un pouco especial, polo que ao longo desta semana, 5 ao 9 de febreiro, o “Meco” dará instrucións diarias sobre que prenda traer posta: o luns, 5, deberán traer algo na cabeza (gorro, sombreiro, boina,pañol, ...).
Os nenos/as iranlles indicando o que o “Meco” lles manda traer cada día.
Non se trata de mercar unha prenda; senón de aproveitar algunha das que xa temos na casa para facer a “festa”.
O venres, 9, o alumnado de Primaria poderá vir xa disfrazado da súa casa (pregamos que sexa sinxelo para poder ir ao servizo¡). Infantil disfrazarase só pola tarde. Haberá desfile, bica e chocolate para todos (a partires das 15:30 h.).
Asemade, lembrámoslles que os días 12,13 e 14 de febreiro non son lectivos, segundo establece o calendario escolar.
A dirección
EXCURSIÓN DE SEXTO DE PRIMARIA
DESTINO: MADRIDCLICA SOBRE O ENLACE ...SE QUERES SABER MÁIS
CESTA ENTROIDO 2017
Hoxe os alumnos/as de sexto entregaron a Isabel, nai de Martina e Carla, a cesta de Entroido¡¡ Parabéns e que a disfrutedes¡¡¡
SAMAÍN 2016
SAMAÍN 2016
Ao longo da semana do 24 ao 28 de outubro celebramos no centro o Samaín, contando coa colaboración de toda a comunidade educativa. Se queredes ollar os traballos realizados e a marabillosa decoración da entrada ao centro... clicade sobre a imaxe