ENTROIDO 2018

ENTROIDO  2018

 

 

Celebramos o Entroido dun xeito un pouco especial, polo que ao longo desta semana,   5 ao 9 de febreiro, o “Meco” dará instrucións diarias sobre que prenda traer posta: o luns, 5,  deberán traer algo na cabeza (gorro, sombreiro, boina,pañol,  ...).

Os nenos/as iranlles indicando o que o “Meco” lles manda traer cada día.

Non se trata de mercar unha prenda; senón de aproveitar algunha das que xa temos na casa para facer a “festa”.

O venres, 9, o alumnado  de  Primaria poderá vir xa disfrazado da súa casa (pregamos que sexa sinxelo para poder ir ao servizo¡). Infantil  disfrazarase só pola tarde. Haberá desfile, bica e chocolate para todos (a partires das 15:30 h.).

Asemade, lembrámoslles que os días 12,13 e  14 de febreiro  non son lectivos, segundo establece o calendario escolar.

 A dirección