Complementarias

XOVES DE COMPADRES-2009

XOVES DE COMPADRES,12 de febreiro de 2009

Noraboa a todas  as que traballástedes para facer que a participación do noso Centro no xoves de compadres fóra tan alta e con tan bos resultados.

Categoría Individual: "Salvador Dalí", 1º premio (compadre das alumnas de sexto de Primaria que queren subvencionar ao máximo a súa excursión de fin de curso).

Categoría Individual, pero colectiva: "Non queda ni un", 1º premio  (compadre da ANPA, na que Alejandro disponse   acabar con todos os "mosquitos" do Centro).

Categoría centros de ensino, individual: "Don banqueiro", 2º premio (nestes tempos de crise, cremos que non son os banqueiros os máis necesitados dunha inxección de diñeiro).

Categoría centros de ensino, colectivo: "Paseando polo Malecón", 2º premio (as profesoras do centro puxeron traballar a todos os seus compañeiros para loitar contra o feismo do Malecón, formando con todos eles un gran equipo: Equipo Voz Natura").

Categoría centros de ensino, colectivo: "Pase de modelos". Compadre feito polas alumnas de 5º de Educación Primaria, que aínda que non levou ningún premio ten o enorme mérito de estar elaborada  por elas soas. Iso, sen contar os bos ratos que pasaron no almacén mentras a facáin. 1º premio ás máis inxeniosas¡¡¡

Se queredes disfrutar das imaxes ... clicade sobre o enlace ou ide directamente á galería de fotos. Nesta sección atoparedes moito que ollar.

Grazas a todas  pola vosa colaboración e participación¡¡¡¡¡

FESTIVAL DE NADAL – 18 de decembro 2008


Edificio Multiusos , ás 11 h.

Orde de actuacións:

  • Educación Infantil:
    • Teatro: “Os contos van a belén”
    • Panxoliña: “Os reis de oriente ían en coche”
  • 1º nivel:
    • Panxoliña: “Cantade mociños”
  • 2º nivel:
    • Panxoliña: “Klinguelinguelin”
  • Curso 5º B:
    • Poesía: “Carta aos reis magos”
  • 3º nivel:
    • Panxoliña: “É tempo de agarimo”. letra: C. Iglesias
  • 4º nivel:
    • Panxoliña: “Vinde galeguiños vinde”
  • Curso 5º A
    • Teatro: “Nana do pesebre”
  • 5º nivel:
    • Panxoliña: “ Os nenos galegos”
    • Obradoiro de música
  • 5º e 6º nivel:
    • “Aleluia”. autor: Leonard Cohen
    • “Adeste fideles”

EDUCACIÓN SEXUAL

 

Ana Casal, responsable de xinecoloxía do Hospital Comarcal de Monforte, impartíu aos alumnos e alumnas de sexto de Educación primaria unha charla informativa sobre sexualidade. O obxectivo desta actividade foi que nenas e nenos sexan conscientes das súas diferenzas, entendendo o seu desarrollo físico como algo natural, intentando desmitificar este tema e ser capaces de falar del con toda normalidade. Asemade, respostou a todas as dúbidas plantexadas polos alumnos e alumnas, tanto a nivel de descoñecemento como de asumir , co paso do tempo, unha sexualidade responsable.

 

Enlace á galería de fotos.

 

Noticia en "La Voz de Galicia" . Venres, 28 de novembro de 2008

 

 

Teatro en Educación Infantil

O REI  "CHIMPIN"

As alumnas e alumnos de Educación Infantil disfrutaron dunha sesión de títeres, na que un pequeno grupo de avoas e avós, pertencentes ao Grupo Interxenaracional da Obra Social de Caixa Galicia, representaron para todos eles a obra "O rei Chimpín". .

Enlace á galería de fotos 

 Enlace a La Voz de Galicia

 

ACTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

As alumnas, alumnos, profesoras e profesores do 3º ciclo de Educación Primaria contribuíron co seu traballo á presentación de materiais contra a violencia de xénero, no acto que se celebrou o pasado martes, día 25 de novembro, no Parque dos Condes, na que participaron xunto a todos os Centros de ensino da cidade

O  obxectivo desta actividade é concienciar a toda a comunidade, empezando polos máis pequenos, da necesidade de erradicar definitivamente esta lacra social.

Os malos tratos tamén son o teu problema

Violencia de xénero: formación en liña  http:// www.igualdadeforma.org

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS MANUAIS CON CASTAÑAS

Exposición de traballos

Na entrada do colexio hai varias exposicións: unha relacionada coa biblioteca ("O meu libro favorito"); outra, con traballos  manuais feitos con castañas (preciosos¡¡) e a última relacionada coas plantas e froitos do outuno.

Convidámosvos a que pasdes polo Centro e as olledes.

Enlace á galería de fotos.

Podes descargar unha presentación en power point coas fotos (5,5 MB)

Distribuir contido