Skip to Content

ENCONTRO INTERXENERACIONAL: 6 PERSOAS DO HOGAR SAN JOSÉ E ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA

 

ENCONTRO INTERXENERACIONAL - 24 de abril (SEMANA DO LIBRO)

  Un dos momentos máis emotivos e familiares do programa de actividades do Día do Libro, foi o encontro do noso alumnado con 6 persoas do Hogar San José.

 Nun primeiro momento reuníronse co alumnado de primaria durante o recreo ao que lle recitaron un poema de Rosalía de Castro sobre a emigración, temática próxima a todos eles, dado que todos foron emigrantes. Compartiron con nos algúns momentos vividos como emigrantes lonxe de Galicia.

Ademais, un deles, mostrounos a súa capacidade artística aos 90 anos, tanto para pintar como para debuxar. Debuxos moi valorados polo alumnado.

 Encantáronlles!!!

Posteriormente, na Hora de Ler, tivo lugar o encontro co alumnado de infantil na pérgola.

 

Nesta ocasión cada un deles amosou o seu hobby, entre outros, puidemos ver bailar un bastón,

contemplar uns fermosos debuxos,

aprender os pasos a seguir para sementar na horta, ...

e gozar dun canto tradicional.

Tamén cantamos conxuntamente a Saía da Carolina.

 

E xa para rematar o alumnado de infantil despediunos cantando a canción de O Moucho de Rosalía de Castro.

En breve o alumnado de infantil devolveremos a visita para compartir a merenda cos nosos amigos do Hogar San José no seu xardín, no momento de plantación da horta.

Grazas pola visita!

Ata pronto!!!

 

 

 

 



page | by Dr. Radut