Educación infantil, Aula das nubes, Aula dos Peixiños, O planeta dos elefantes, Psicomotricidade infantil, Atención educativa (valores)

O CORPO

Ola familia!

Como ben sabedes o pasado trimestre comezamos a traballar o proxecto do corpo. Moitos de vós puxéstesvos mans á obra a buscar diferentes materiais para enviar ao colexio sobre o tema e aquí vos ensinamos algunhas das cousas que xa fomos vendo e traballando.

 

 

 

 

 

 

 

Tamén tivemos a visita de moitos familiares e amigos que pertencen á rama sanitaria e nos contaron en qué consiste o seu traballo. Ademais puidemos empregar moitos instrumentos que empregan no seu posto de traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estamos aprendendo moito!!

 

AULA DAS NUBES

SAAAABOR!!

O pasado 5 de abril gozamos dunha divertida obra de teatro musical no patio do colexio.

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura múscia, maxia, humor, ritmo e a participación do público, todo iso co mundo da gastronomía de fondo. 

Dous chefs preparan unhas ricas receitas para tódolos gustos e mentres tanto van xurdindo diferentes situacións inesperadas e graciosas. 

Foi un momento moi divertido!

 

 

 

AULA DAS NUBES

Ola familias!

Como ben sabedes no segundo trimestre comezamos a traballar o proxecto sobre o noso corpo. Os pequenos/as están aprendendo moito e ademais contamos coa colaboración de persoal pertencente á rama sanitaria, que se achegou ó cole para compartir os seus coñecementos e amosar as súas profesións ós nenos/as.

Moitos deles foron familiares dos alumnos/as, que recibimos encantados por colaborar con nós. 

A continuación deixámosvos unhas fotiños destas visitas:

 

Ata pronto!

O planeta dos elefantes.

OBRA DE TEATRO: SAAAABOR!

Hoxe desfrutamos no colexio, dun espectáculo cómico chamado SAAABOR,  que mezcla música, maxia, humor, ritmo e a participación do público co mundo da gastronomía saudable de fondo. 

No espectáculo, dous recoñecidos chefs chegaban o noso colexio nunha peculiar food-truck ca idea de mostrarnos as súas habilidades, pero as cousas non acababan de funcionar como desexaban…

Aquí podedes ver algunhas fotos do espectáculo, que sen duda fíxonos rir e pasar un rato estupendo.

 

 

 

Aulas dos Planetas e dos Elefantes.

 

ENTROIDO E EXCURSIÓN

No entroido pasámolo pipa, disfrazámonos, comemos bica e tomamos chocolate...

 

 

 

Tamén fomos de excursión ata a "CASA DA FONTE", onde vimos os animaliños que alí teñen e elaboramos manteiga!

 

 

 

 

 

 

Aula das Nubes

Un contacontos diferente...

Bo día!

Hoxe no cole tivemos un contacontos diferente, era unha versión de "Os tres porquiños" na que aparecía unha porquiña chamada Maruxa cos seus irmáns Xaquín e Fuco. Gustounos moito, xa que o conto estaba acompañado de música e fomos descubrindo a historia con diferentes contos e instrumentos musicais de madeira. Para rematar levamos de agasallo un conto, un tangram, uns lapis de cores e puidemos colorear os tres porquiños. 

 

 

Fai uns días polo Día da Muller Traballadora tivemos outro contacontos, no que Andrea nos contou a vida de Frida Kahlo e logo puidemos facer un taller ben chulo no que fixemos a nosa Frida para levar para casa.

 

 

 

 

O pasado día 22 de marzo foi o Día da Auga e para conmemoralo fixemos un experimento no que empregamos auga, e con escuma de afeitar e colorante fixemos chuvia de cores.

 

 

Tamén comezamos a levar as mochilas viaxeiras para casiña e encántanos.

 

Un día cando salimos ao patio atopamos unhas cintas de cores ben chulas coas que xogar e tamén podemos subirnos aos bambáns.

 

 

 Ata pronto,

Aula das Nubes

CONTACONTOS "OS 3 PORQUIÑOS"

Hoxe viñeron á escola a contarnos a través dun contacontos musical, a verdadeira historia dos 3 porquiños Fusco, Xaquín e Maruxa.

Con diferentes contos e instrumentos de música, fomos descubríndoa e pasamos un momento do mais divertido. 

Aquí podedes ver algunhas fotos..

 

Vémonos pronto con máis novas.

 

Aulas dos Planetas e dos Elefantes

O INVERNO E MAIS COUSIÑAS

Ola!!

Durante este tempo estivemos traballando o INVERNO.

Fixemos un boneco de neve con copos de neve feitos cunha troqueladora.

 

 

Outro boneco con discos de algodón no que puxemos os nosos nomes e ata unha paisaxe de inverno.

 

 

 

 

 

Tamén decoramos uns gorros de inverno con diferentes trazos, para saber qué trazo facer tirábamos o dado. Fixemos un iglú con papel de burbullas e témpera azul. E como somos a aula das nubes...temos a nosa bonita nube para decorar a porta!!

 

 

 

 

 

 

Tamén xogamos ao bingo de inverno e gustounos moito!

 

 

  

 

A canción que nos gusta moito de inverno é esta.

 

Ademais para traballar as emocións tivemos un contacontos super divertido do MONSTRO ROSA, no que despois fixemos o noso propio monstro.

 

 

 

Aula das nubes

CASA DA FONTE

O mércores 23 de febreiro , fixemos unha  excursión a Mañente. 

Visitamos unha granxa e preparamos manteiga.

Aquí tedes as fotos ... Gustounos moito !!!!

 

 

 

 

 

CHEGOU O INVERNO

E seguimos traballando na aula: BONECOS DE NEVE, ÁRBORE DA PAZ ...

 

Aprendemos xogando cos números ...

Cosemos ...

 

E ... no patio , xogamos máis abrigadiños

Distribuir contido