Educación infantil, Aula das nubes, Aula dos Peixiños, O planeta dos elefantes, Psicomotricidade infantil, Atención educativa (valores)
MERENDA DE FROITAS
Enviado por Teresa o Dom, 07/04/2021 - 19:18
Preparamos unha rica merenda, moi ... saudable.
Precisamos: PLÁTANO, kIWI E MANDARINA.
Pelar, cortar e colocar no prato.
A comer !!!
RIQUÍIIIIIIISIMO.
SOMOS ... PEQUECHEFS
Enviado por Teresa o Sáb, 07/03/2021 - 21:29Xa somos grandes cociñeiros, mirade todo o que fixemos.
Galletas de chocolate, avena e plátano.
Ulimos, tocamos e descubrimos distintas especies :
PEMENTÓN, PEMENTA, PEREXIL, CANELA.
AS NOSAS FLORES
Enviado por Teresa o Sáb, 07/03/2021 - 21:14
Mirade como medraron...
Agora podémolas ver no patio.
SIMULACRO
Enviado por Teresa o Dom, 06/27/2021 - 23:14Sonou o timbre, e saimos moi despaciño o patio ...
Chegaron os bombeiros e botaron escume, xogamos con ela.
Tamén ensinaronos o seu camión.
Os últimos coletazos!
Enviado por goretti o Lun, 06/21/2021 - 20:15Ola!
Nos últimos días temos moitísimas novidades!!
Xa temos bolboretas na clase, saíron da crisálide e comezaron a poñer os seus ovos. Quedamos abraiados!!
Seguimos traballando no proxecto de PEQUECHEF.
Como somos uns artistas decoramos unhas piñas, sandías e mazás empregando diferentes técnicas e materiais (plástico de burbullas, bastonciños, esponxas, o noso dedo,...). Fixemos unha creación ben bonita que poderedes ver mañá na casa.
Hoxe estivemos traballando con diferentes especias (pementa branca, pementón doce, canela, perexil,...) e algún atreveuse a probalas todas! Logo estivemos poñendo un pouco de cada unha delas para poder levalas para casa.
Estes días tamén tivemos tempo a dar un pequeno paseo por Monforte, e fomos pegadiños ao río observando todo o que había polo camiño. Atopamos unhas autocaravanas, gatos, patos, unha toupeira, o Castelo de San Vicente,... Gustounos moito, pero non puidemos merendar á beira do río, porque estaba o céspede todo mollado.
E hoxe tivemos unha gran sorpresa!!
Foi xenial e pasámolo en grande!!
¡Niinoo, niinoo!
Enviado por goretti o Xov, 06/10/2021 - 22:19O mércores tivemos un simulacro de incendio no cole. Nós estábamos merendando cando houbo que saír para o patio. Unha vez alí comezaron a chegar os camións dos bombeiros, pero a profe xa nos explicara o que pasaba entón non tiñamos medo... bueno algún que outro si!
Fomos ata xunto os camións e vimos aos bombeiros subidos no alto da escaleira, estaban botando auga coa mangueira no tellado do cole. Despois ensináronnos que tamén empregan escuma nos incendios e ata puidemos xogar un pouquiño con ela. Gustounos moito!
Esta semana tamén foi de experimentos, collemos unhas mandarinas e un recipiente con auga para comprobar cal flotaba, se a que tiña pel ou a que pelamos. O experimento non nos resultou, entón miramos un video en internet para comprobar cal era o resultado. Logo si que comprobamos que a pel soa si que flota e as mandarinas non, ese foi o noso verdadeiro experimento!
Tamén tivemos un regaliño sorpresa!!! Un gorro e un delantal de chef, os cales estamos decorando libremente para empregar para algo especial os vindeiros días... Xa vos contaremos!
Para rematar aquí vos deixamos o conto de "Titiritesa", o cal nos veu contar esta semana a mamá de Leira. Esperamos que vos guste!!
Pinchade na foto para escoitalo.
Ata pronto!
A voltas co proxecto!
Enviado por goretti o Dom, 06/06/2021 - 23:48Seguimos traballando o noso proxecto de PEQUECHEF e estes días estivemos pesando comidas. Puidemos examinar diferentes alimentos, comparar o peso de algúns e comprobar cal era o que máis pesaba e o que menos.
Tamén xogamos no patio cun SCORNABOT, con el tiñamos que chegar ao alimento que a profe nos mandaba. Así aprendemos a contar, a relacionar número e cantidade, a direccionalidade, nome do alimento... e tamén a observar e esperar a nosa quenda.
Seguimos presentando os diferentes materiais que levamos da casa. Estes días tocoulles a:
- Gabriel que nos ensinou a facer unha rica e saudable ensalada.
-Alonso que nos deu uns cantos consellos sobre a vida saudable e os alimentos.
- Carmen que nos ensinou imaxes de diferentes alimentos saudables e tamén utensilios de cociña e contounos para qué serven.
Abur!
FAMILIAS NA RADIO
Enviado por Teresa o Ven, 06/04/2021 - 13:11
LOIS E A SÚA MAMÁ NIEVES
ESTELA E A SÚA FAMILIA
Un día diferente
Enviado por montse o Lun, 05/31/2021 - 17:56Hoxe foi un día especial, subimos a coñecer o estudio de radio do cole, Radioforte.
Encantounos estar e facer algunha práctica. Seguro que volveremos máis veces.
Tamén fomos ver como estaban os vermes de seda.
En días anteriores, observámolos varias veces e rexistramos a súa evolución en fotografías. Aquí tedes un resume.
Impresionante verdade!!!
mmmmm...que saboroso!
Enviado por goretti o Dom, 05/30/2021 - 23:49Como estamos a traballar os alimentos, receitas,.... esta semana decidimos facer un delicioso zume de laranxa para poder acompañar a nosa merenda. Pasámolo pipa e estaba riquísimo!
Tamén aproveitamos para facer un mural de primavera, puxémoslles o noso nome a unha flores para poñer na árbore e unhas cenorias que son moi ricas e saudables.
Pronto teredes novas!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »