mmmmm...que saboroso!
Enviado por goretti o Dom, 05/30/2021 - 23:49
Como estamos a traballar os alimentos, receitas,.... esta semana decidimos facer un delicioso zume de laranxa para poder acompañar a nosa merenda. Pasámolo pipa e estaba riquísimo!
Tamén aproveitamos para facer un mural de primavera, puxémoslles o noso nome a unha flores para poñer na árbore e unhas cenorias que son moi ricas e saudables.
Pronto teredes novas!