Secretaría

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

 


 


NOVA MATRÍCULA 2014-2015


 


Todas as solicitudes de matrícula; agás  Yasmine Chagour (3 anos), foron admitidas.


Entre o 20 e o 30 de xuño deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar dita matrícula.


A dirección

Sesión de Primeiros Auxilios

Sesións de Primeiros Auxilios:

A Concellería de educación en colaboración co Colexio de Enfermería  de Lugo organiza no noso centro unha serie de sesión de Primeiros Auxilios para toda a Comunidade educativa:
XOVES, 6 DE FEBREIRO, ÁS 15:30 H. 2ª SESIÓN DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA PAIS E NAIS. A 1ª foi un éxito.

Luns, 27 de xaneiro: pais e nais

Martes, 28: alumnado de 5º A 

Mércores, 29: alumnado de 5º B

Luns, 3 de febreiro : alumnado de  6º A

martes, 4 de febreiro: alumnado de 6º B e profesorado

 

REUNIÓN DE PAIS/NAIS

O martes, 1 de outubro, comeza a xornada partida.


Asemade, o día 1, ás 17 h., na biblioteca do centro terá lugar a 1ª reunión coas familias do noso alumnado. Dita reunión terá dúas partes: unha primeira, a nivel xeral, con todos vostedes e na que se falará de temas de interese común e outra co titor/a do seu fillo/a, a continuación.


Agardamos contar coa súa presenza¡


A dirección

AXUDA LIBROS DE TEXTO EDUCACIÓN PRIMARIA 2014-2015

O  2 de xullo remata o prazo para presentar no Centro a solicitude de axuda para os libros de texto, en Educación Primaria. Clicade sobre os enlaces que se xuntan para obter toda a información   


ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.


 Documento resume dos requisitos e documentación necesaria. 


 Anexo I ( Solicitude


 


 


IMPORTANTE: OBRIGA DOS BENEFICIARIOS:


    1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario)


2. Conservar en bo estado os libros de texto adquiridos con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/15 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros), que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos como medida que favoreza o establecemento dun sistema de socialización do seu uso (agás 1º e 2º de Primaria).

VÍDEO PRESENTACIÓN CEIP MONFORTE (COLEXIO NOVO)

Presentación

 Estamos pendentes do remate de novas obras de mellora (laboratorio de idiomas e despachos). Actualizaremos o vídeo tan pronto estean listas¡

NOVA MATRÍCULA CURSO 2016-2017

 

 Anuncio do inicio do procedemento de admisión do alumnado para o curso 2016/2017:

RESERVA DE PRAZA: 1 AO 16 DE FEBREIRO

NOVAS SOLICITUDES: 1 AO 29 DE MARZO, ambos inclusive.

 

 

Tríptico de presentación do centro./2

  • Formalización da matrícula:20 ao 30 de xuño. Anexo III
  • Cada solicitante presentará unha única solicitude , relacionando nela por orde de preferencia ata seis centros nos que solicita praza. Entregarase no centro que se solicita en primeiro lugar.
  • Os pais que opten a unha praza para alumnado con n.e.e. achegarán a documentación pertinente.

Enlace ao documento de SOLICITUDE . As solicitudes irán acompañadas da fotocopia da páxina do libro de familia onde estea inscrito o alumno/a.

Enlace á Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo da educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos publicos.

Enlace ao resume de todo o proceso.

AUTORIZACIÓNS e ANEXOS (setembro):

Nos seguintes enlaces atoparán os impresos de autorizacións que deben ser entregados no centro, só no caso de que vostede estea de acordo cos seus términos.

Poden descargar estes impresos no caso de que o seu fillo ou filla perda as fotocopias dos mesmos que lle serán entregadas no centro.

Autorización para uso da imaxe persoal do alumno ou alumna. Para todo o alumnado do centro.

Autorización para recibir información, relacionada co ámbito académico, a través de e-mail. Para todos o alumnado do centro.

Autorización xeral para actividades complementarias (as que se realizan dentro do horario lectivo). Para todo o alumnado do centro.

Seccións Bilingües. Para 1º, 2º e 3º e 4º de Educación Primaria

Recollida de alumnos/as antes de rematar a xornada lectiva

Comunicación de que non quedan a comer

Autorización para marchar sós a pé/parada do transporte

GRIPE A

GRIPE A:

A Consellería de Educación e O.U. pon a disposición de toda a comunidade educativa  un protocolo de actuacións nos centros educativos, con información para os pais e nais do alumnado no seguinte enlace.

Distribuir contido