Acordos Consello Escolar: 7 de maio de 2020

Dada a  situación excepcional que estamos a vivir poñemos no seu coñecemento algúns dos acordos aprobados onte, 7 de maio, na sesión ordinaria de Consello Escolar, cara o curso 2020-2021

Respecto ao alumnado: 

Hora de Libre configuración de 4º de Primaria:  establecer o currículo relacionado co uso das novas aplicacións e ou ferramentas informaticas. Iniciar a todo o alumnado máis pequeno no uso de ditas ferramentas.

Prohibición do uso de móbiles e/ou calquera outro aparello de gravación no colexio ou nas excursións. Só poderá utilizalo o alumnado de sexto, na excursión de fin de curso, previa autorización do seu profesorado acompañante.

Respecto ás familias:  

Iniciar a Escola de pais/nais o antes posible  para formar e informar ás familias no uso das ferramentas tecnolóxicas.

Pechar a porta de entrada ao edificio:  As familias que chegan tarde, deberán timbrar para entregar ao seu fillo/a  á persoa que lle abra a porta. 

Devolver a aportación voluntaria de comedor a aquelas familias do alumnado de sexto de primaria que fixeron dita achega ata o mes de xuño. Ao resto de familias, que fixeron dita achega dende marzo ata xuño, pasar ditas aportacións cara ao vindeiro curso. 

Menú de comedor: único para todo o alumnado usuario do servizo, en función das instrucións da Consellería de Educación; agás casos xustificados medicamente de alerxias alimentarias. 

A dirección