Skip to Content

PDI

PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o terceiro programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de CREMA OU NATILLAS da man de Teo, de sexto curso de Educación Infantil.

Pero antes de comezar...

Sabedes onde se orixinaron as natillas?

As natillas son un postre lácteo moi extendido na gastronomía española. Trátase dunha crema elaborada con leite, xemas de ovos, azucre e aromas como a vainilla ou o limón. Aínda que se descoñece a súa orixe exacta, xeralmente sitúase o seu nacemento nos conventos ao longo de EUROPA.

 
 
Bo proveito!!

ORDES DA MECA

A nosa Meca Bibli xa deu as súas ordes para toda a semana. 

O luns comezaremos vestindo de mochileiros, para emprender a nosa viaxe polo mundo.

O martes porémonos na pel de conductoras e conductores de calquer medio de transporte. Recordade que poden ser terrestres, aéreos ou acuáticos.

O mércores coñeceremos moitas bandeiras do mundo e poderemos empregalas para vestirnos con elas, como complemento... 

O xoves poderemos vir de calquer personaxe que nos guste. Pode ser da vida real (Einstein, Rosalía de Castro...), ou do mundo da fantasía (Harry Potter, Mickey Mouse) Pode estar vivo ou non. 

O venres disfrazaremonos de animal para poñerlle ao Entroido un gran final.

 

 

O CREBACABEZAS DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA

 

En 4º de E.P. atopámonos inmersas na unidade  “España e as comunidades autónomas” estreitamente relacionado coa P.D.I. “A volta ao mundo”; xa que estamos dando unha pequena volta ao noso país.

 

Pero decidimos facelo dunha forma lúdica, posto que xogando todo é máis enriquecedor e motivador. Todas e todos estivemos traballando moito para construír o noso crebacabezas.  

 

A continuación poden observar algún dos marabillosos resultados:

  

                             

POR UN MUNDO EN PAZ

Para conmemorar o día da Paz realizamos unha xuntanza de delegados onde decidimos poñerlle moita música, cor e boas palabras a este fermoso día.

Fixemos unha selección e exposición de contos relacionados coa paz, o benestar emocional, a non violencia, a convivencia...

O mundo foise enchendo de cores e escoitamos cancións da paz no recreo que seleccionamos en cada aula.

O noso planeta comezou a encherse de palabras fermosas por todos os continentes...

Ata ocupar mares, océanos, países, illas...

E para rematar recollemos os nosos biblicromos do día da paz e a non violencia:

 

 

DÍA DA PAZ

POR UN MUNDO EN PAZ

Hoxe festexamos o Día da Paz e da non Violencia. Escoitamos cantigas elixidas polo alumnado sobre esta temática, tanto en lingua galega como noutras linguas do mundo. Entre todas e todos, eliximos palabras de Paz. Aqueles ingredientes que fan falta para crear unha receita de paz para o mundo e pegámolas todas xuntas no globo.

Ti fas a paz! Que ingredientes propós?

CociñArte

CociÑarte
 
Dende o E.D.L.G. lanzamos o programa gastronómico CociÑarte!!
 
Unha forma suculenta de dar a volta ao mundo. 
 
Un modo de viaxar, coñecer diferentes culturas e apreciar a riqueza e o patrimonio de diferentes lugares. Nesta faceta, os galegos e as galegas somos pioneiros e pioneiras. Temos unha gran tradición gastronómica cunha enorme relevancia e variedade que goza de gran recoñecemento mundial.
 
Tamén constitúe un aspecto representativo da nosa sociedade e tradición que pasa de xeración en xeración. Anímate a gravar en galego as túas receitas e participar como protagonista do noso novo programa. Podes explicar a procedencia desta receita, nomear os ingredientes que imos precisar e comezar a aventura na cociña!!
 
Envía o teu vídeo a vivimosengalego@gmail.com
 

EXTRA EXTRA

SAIMOS NO XORNAL!!!!

As nenas e os nenos de segundo de Educación Primaria estamos Dándolle a volta ao mundo. 

Queres saber como?

Preme na imaxe para ler a noticia.

Distribuir contido


by Dr. Radut