Javier Ruescas é un booktuber e escritor español con máis de 300000 suscriptores na súa canle (fai clic aquí para entrar).
Na súa canle podemos atopar reseñas de libros xuvenís, presentacións dos seus libros, pero tamén... (e quizais isto é o que máis nos interesa en Primaria), vídeos nos que fala sobre personaxes de contos de Disney.
Aquí tedes un vídeo no que nos fala sobre Mulan: a súa historia real e orixe. De onde naceu a historia de Disney???
Andreo Rowling é unha booktuber xuvenil que conta con máis de 11000 suscriptores. Ademais, hoxe por hoxe é tamén escritora e da conferencias promovendo a lectura. O certo é que moitos youtubers acaban publicando os seus propios libros.
Pero, centrándonos de novo en Andreo Rowling... Realmente credes que se apelida Rowling? Entra na súa canle de youtube e descúbreo! (Fai clic aquí para entrar na canle)
Gústavos a saga de Harry Potter? Deixámosvos a continuación unha reseña sobre os catro primeiros libros.
Sebas é un booktuber que comezou esta aventura con 16 anos. Actualmente ten nada máis e nada menos que 260000 suscriptores na súa canle de youtube: "El coleccionista de mundos" (fai clic para vela).
Deixámosvos un exemplo dos seus vídeos, pero non dubidedes en entrar na súa canle e desfrutar de todas as súas creacións.