A todos e todas sónanos a palabra "youtuber", pero... "BOOKTUBER"? Que é iso?
Un booktuber é unha persoa que fai un vídeo no que fala dun libro que liu. Pode facer un resumo do libro, contarnos se lle gustou ou non, falar da súa personaxe favorita e un longo etcétera.
Como converterme en booktuber?
1. PRESENTACIÓN
Antes de nada, temos que presentarnos. Despois, temos que presentar o libro do que imos falar: título, autor/a e ilustrador/a.
2. O MEOLLO DA CUESTIÓN
Esta parte é a principal.
Aqui podemos explicar brevemente de que trata o libro e incluso podemos falar das personaxes máis importantes. Tamén podemos dicir se nos gustou ou non o libro e por que.
3. DESPEDIDA
Despídome dunha maneira orixinal.
Se quero, antes de despedirme, podo ler unha frase que me chamara moito a atención do libro.
***Todo o que dicimos no vídeo, temos que facelo desde un enfoque divertido, coa finalidade de "captar" a atención das persoas que ven o vídeo e de que o pasen ben.
A verdade é que na internet, non hai moitos booktubers de literatura infantil; hai moitos máis de literatura xuvenil e adulta. Na nosa man está crear e compartir vídeos coa finalidade de promover a lectura e abrir as portas á imaxinación. Animádevos!!!