Skip to Content

Convertámonos en booktubers!

A todos e todas sónanos a palabra "youtuber", pero... "BOOKTUBER"? Que é iso?

Un booktuber é unha persoa que fai un vídeo  no que fala dun libro que liu. Pode facer un resumo do libro, contarnos se lle gustou ou non, falar da súa personaxe favorita e un longo etcétera. 

 

Como converterme en booktuber? Guay Guay Guay

 

1. PRESENTACIÓN

Antes de nada, temos que presentarnos. Despois, temos que presentar o libro do que imos falar: título, autor/a e ilustrador/a.

2. O MEOLLO DA CUESTIÓN

Esta parte é a principal.

Aqui podemos explicar brevemente de que trata o libro e incluso podemos falar das personaxes máis importantes. Tamén podemos dicir se nos gustou ou non o libro e por que.

3. DESPEDIDA

Despídome dunha maneira orixinal.

Se quero, antes de despedirme, podo ler unha frase que me chamara moito a atención do libro.

 

***Todo o que dicimos no vídeo, temos que facelo desde un enfoque divertido, coa finalidade de "captar" a atención das persoas que ven o vídeo e de que o pasen ben. 

 

A verdade é que na internet, non hai moitos booktubers de literatura infantil; hai moitos máis de literatura xuvenil e adulta. Na nosa man está crear e compartir vídeos coa finalidade de promover a lectura e abrir as portas á imaxinación. Animádevos!!! GuiñoGuiño



page | by Dr. Radut