1º de primaria

Unha semana completiña

 

A pasada semana foi completiña no noso centro. Inauguramos BiblioSinde, fixemos unha plantación no Castelo de Santa Cruz por mor da Folga mundial do medio ambiente e o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º recibiu unha charla dos adestradores do Atlético Guardés.

Podedes ter máis información facendo click nas ligazóns destacadas noutra cor.

Inauguración de BiblioSinde

 

O pasado martes día 1 realizouse a apertura de BiblioSinde. Entregáronse carnés ao profesorado e ao alumnado novo no centro (agás ás nenas e nenos de 3 anos que foron outro día). Presentáronse as alumnas e alumnos axudantes na biblio este curso e cada grupo levou un contrato de uso que devolverá asinado. Velaí van unhas imaxes do acto:

Powered by Drupal - Design by artinet