Iniciar sesión: Acceso

sextomolondevalon

LUNS, 4 DE MAIO DE 2020

Bos días chic@s!

Imos a por Maio con enerxía? Agora que xa saídes un pouquiño, seguro que estades máis contentos e activos. Onte fixo un día estupendo, que gusto o solete na cara, verdade?

MATEMÁTICAS

Seguimos co tema das fraccións, ide a entrada anterior do blog donde estaba o vídeo resumo donde as explico e o vedes de novo. Podedes ir directamente tamén a través de youtube.

Colledes o libro, e facemos os exercicios 1 , 2 e 3 da páxina 136 , e o exercicio 11 da páxina 139.

LINGUA GALEGA

Maio é un mes importante par a nosa lingua, porque é o mes das Letras, da celebración das Letras Galegas.

Polo que este mes adicarémolo a isto.

Entrades nesta ligazón, que é unha páxina onde encontraredes moita información.

O primeiro que tedes que facer é copiar na libreta o enunciado : LETRAS GALEGAS 2020 e copiades a información que vos ven na páxina de Ricardo Carvalho Calero, que é o autor homenaxeado.

Logo ides a pestaña donde por “Letras Galegas” e copiades o ano e ao lado o autor homenaxeado. Algo así...

2002---------------------Frei Martín Sarmiento

2003----------------------

Se non o entendedes, falamos a través de Hangouts.

De este exercicio enviádesme unha foto a través de Hangouts de modo privado. Os que non teñades unha conversa privada aberta comigo, xa a creo eu hoxe pola mañá.

Esta información toda serviravos para unha actividade moi chula que estamos preparando para conmemorar o día !

Déixovos como sempre un xoguiño par os que queiran repasar...

https://www.vedoque.com/juegos/tablas.swf

E ata aquí o traballo de hoxe, desfrutade do día!

Mil bicos molones!

Seguide quedando na casa! Xuntos conseguirémolo!

Lidia

XOVES, 30 DE ABRIL DE 2020

CORRECCIÓNS DE C.NATURAIS

BICOS!

LIDIA

MÉRCORES, 29 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s!

En primeiro lugar, encantoume ver como vos esforzástedes nos retos de onte. Teño foto da maioría e con elas vou facer un vídeo que poderedes ver en poucos días.

Eu tamén me divertín moito preparando os vídeos e vendo os vosos!

Hoxe temos C.NATURAIS e imos avanzar un pouco no tema. Ides a ler as páxinas 70 e 71 do libro. Recomendo dúas lecturas, unha primeira lendo todo, e unha segunda intentando entender o que alí pon.

Podedes ver tamén este vídeo que vos axudará a entendelo.


Agora imos intentar resumilo facendo o esquema do exercico 2 da páxina 73.

En LENGUA vamos a empezar a hacer un trabajo para la revista escolar.

Como la mayoría estáis siendo muy cocinillas, vamos a hacer un libro de “recetas molonas en cuarentena”.

Escoged esa receta que ya hicistéis y os gustó tanto o una nueva que probar. Luego apuntad la lista de ingredientes.

A continuación entraremos en una página web de algún supermercado para ver el coste de los productos que necesito y apuntaré lo que cada uno cuesta. Puedo así saber cuanto me va a costar hacer mi bizcocho, galletas o pollo al chilindrón.

Os dejo un folleto online pero usad el que queráis o tengáis por casa. Ya sé que no sabemos sumar números con decimales, pero usad una calculadora si lo necesitáis (recordad que los móviles tienen).

Pasamos ahora a hacer una descripción del proceso de elaboración. Utilizad palabras como: primero, a continuación, añadimos, echamos, para continuar, finalmente...

Recordad anotar también si son necesarios tiempos de horno y temperatura.

Llegó el momento de la foto. Si ya hicisteis esta receta y tenéis foto, estupendo. Si no la tenéis, intentad hacer la receta esta semana que viene y hacéis una fotito. En la foto podéis salir vosotros o no, como queráis.

Id preparando toda esta información. El próximo miércoles os daré una ficha donde meteremos todos estos datos para hacer nuestro “libro de recetas molonas en cuarentena”.

Yo ya tengo una pensada!

Por si os apetece, un poquito de repaso de  Lengua...

http://www.xtec.cat/~jgenover/sujeto1.htm

Mil bicos molones!

Seguide quedando na casa! Xuntos conseguirémolo!

Lidia

MARTES, 28 DE ABRIL DE 2020

COREECCIÓNS DE ONTE DE MATEMÁTICAS

Mil bicos molones!

Seguide quedando na casa! Xuntos conseguirémolo!

Lidia

LUNS, 27 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s!

Que tal vos foi onte? A primeira saída a rúa logo de tanto tempo tivo que ser emocionante, no? Alonxarse un pouquiño da casa e poder ver caras novas!

Aproveitando esta experiencia , hoxe en Lingua Galega imos traballar un pouco de redacción.

Imos escribir sobre esa saída. Como sempre, póñovos unhas frases clave que podedes seguir para facer unha redacción ordenada :

- empezar falando de cando me enterei de que por fin podían sair os nenos e nenas

- o que fixen cando chegou o día

- hora a que saín, con quen e a donde foi

- medidas de protección que empreguei

- como me sentín estando na rúa e como me sentín cando cheguei

Imos intentar facer unha redacción de máis de 100 palabras. Lucas, ti xa sabes que de unhas poucas menos se fai falta. Nadia e Antonio, atendede a facer boa letra, que xa melloráramos moitísimo! Emilio, xa sei que o galego nos costa un pouco, pero volve a ler a redacción varias veces antes de dala por finalizada.

Déixovos un enlace ao dicionario da Real Academia Galega, se tedes dúbidas de como se escribe algunha palabra, soamente tedes que poñela e xa vos pon como se di en galego.

Cando a teñades rematada e revisada, enviádesma ao meu correo:

cartamil8@gmail.com

En Matemáticas imos comezar un novo tema “AS FRACCIÓNS”.

Aquí tedes unha nova entrega dos vídeos explicativos, fíxeno con toda a miña ilusión para que vos gustase e vos quedasen claros uns conceptos moi básicos que o ano que ven seguiredes traballando.

Gracias a Sara pola súa colaboración! O fixo moi ben!

Despois de velo , facedes os exercicios 1 e 3 da páxina 126, e exercicios 4 e 6 da páxina 127.

Aquí tedes un xogo por si queredes seguir practicando un pouco:

http://ceiploreto.es/sugerencias/skoool/common_frac/index.html

Recordade que mañá póñovos as solucións aquí no blog.

Por certo! Atentos mañá ao blog de Educación Física, porque mañá é un día especial..!

Mil bicos molones!

Seguide quedando na casa! Xuntos conseguirémolo!

Lidia

Distribuir contido