Iniciar sesión: Acceso

sextomolondevalon

Luns, 16 de Marzo do 2020

Bos días chichos!

Empezamos esta nova aventura de aprender a distancia vós e de ensinar a distancia eu, que tamén teño que practicar. A ver si nos adaptamos ben!

Non sei como estaredes levando o de quedarse na casa, todos os días me contábades un pouquiño do voso día, ahora vou a ter que ser eu quen vos conte a vós como me foi a min.

Eu vivo coa miña parella Rober e os meus dous fillos Manu e Xabi, xa o sabedes, e estamos intentando establecer rutinas para que sexa o máis organizado posible.

Ata o de agora foi un pouco fin de semana, levantámonos sen horarios, almorzamos todos xuntos e xogamos ao que nos apetece nese momento. Logo nos chega a hora de comer, así que repartimos tarefas: un pon a mesa (ben bonita, coas súas servilletas dobladiñas, os cubertos colocados...), outro axúdame a lavar os grelos,...

Cando acabamos de comer e recollemos entre todos, vemos un pouco a tele (os debuxos que non falten!).

Xa pola tarde buscamos algunha manualidade que facer. Póñovos un debuxo do que fixemos onte e o enlace para que entendades o seu significado.

Na hora da merenda sentámonos todos outra vez xuntos na mesa e sempre merendamos froita e iogur. Imos estar algún tempo na casa, e non se nos pode esquecer que temos que ter unha alimentación sana e equilibrada, recordades?

Estes días pola tarde estamos facendo algo de cociña lambona . Fai quince días Manu foi a un curso de cociña e ensináronlle a facer bombóns, así que nos puxemos a practicar.

Deixovos a foto e se pinchades ides ao enlace de como se fan, por si queredes practicar!

A Manu gústalle moito a tablet, e como colabora moito na casa, polas tarde deixámoslla un pouco. Estamos xogando nesta aplicación, na que podedes poñer a vosa idade e adáptanse os contidos. É para traballar cálculo mental, pero moi divertida!

A Xabi tamén lle gusta moito e nunca xogara, así que lle busquei puzzles para a súa idade. É importante sempre que busquedes aplicacións, que sexan adaptadas a vosa idade, para entendelas e que ademais de entreternos, non ensinen cousas!

Sobre as 7 estivemos facendo un pouco de exercicio en familia, sacamos unhas ideas moi chulas de este vídeo(intento poñelo entre hoxe e mañá), e entre que preparamos os materiais e nos puxemos a facelos xa nos metimos na hora de cear.

Olvidábame de contarvos que as 8 saímos a xanela a darlle un aplauso a todo o personal sanitario que está traballando tanto para curar a quen o precisa. Esta é unha iniciativa que empezou nas redes e que se estendeu por toda España. É moi emocionante saber que todos a mesma hora, estamos apoiando a todos eses profesionais.

Xa na cama, limos un conto. Manu e eu estamos lendo as revistas LEOLEO, que as vimos na biblio do cole , recordades? Nós suscribímonos e mándannolas a casa. A Xabi gústalle máis Pepa Pig.

E así pasou o noso día de onte, gozando de estar en familia e propoñendo cousas que facer, que se nos ocurren a nós como pais ou a Manu e Xabi.

519 PALABRAS!

Seguro que está todo lido? Porque a primeira tarefa que tedes que facer hoxe é coller a libreta de Galego, donde facemos as redaccións, e intentar facer un resumo do que foi o meu día de onte.

Ooooooo! Veña, que canto máis tardedes en poñervos máis tardades en rematar!

En canto a Matemáticas, faremos un repaso do traballado neste tema.

Da páxina 113 o exercicio 4.

Da páxina 121 o exercicio 5 e 6.

De Lengua lemos de novo a lectura da páxina 82 e facemos o exercicio 9 da páxina 85, facendo tamén un debuxo de Martdog.

Mañá póñovos as solucións dos exercicios para que poidades correxirvos, aínda que estaría ben que alguén da vosa familia os mirase.

Atendede a limpeza, a letra, dedicádelle tempo. Eu revisareinos todos cando volvamos a clase.

Das fotocopias do repaso do primeiro trimestre facemos as dúas primeiras (e si, por diante e por detrás).

ÁNIMO CHICHOS!

ENTRE TODOS ÍMOS CONSEGUILO!

LIDIA

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA O PERIODO EN CASA

Ola chichos!

Xa sabedes que as próximas dúas semanas temos que intentar, na medida do posible, quedarnos en casa para intentar frenar os contaxios por coronavirus.

Entendo que tedes unha mezcla de entusiasmo por estar sen clase, preocupación por todo o que escoitades e de incertidume polo que vai pasar. 

Tedes que demostrar nestes días que xa sodes maiores e responsables para organizar o voso traballo e entender que a nosa vida diaria vai a verse trastocada.

A organización do traballo debería ser a seguinte: pola mañá , seguindo a rutina habitual, unha vez me levanto e estou listo, entrades no blog de aula e mirades o traballo que está organizado para ese día.

Haberá traballo dos libros en libreta, traballo de fichas, traballo a través da aula virtual e algo máis que vaiamos vendo.

A través do correo electrónico cartamil8@gmail.com podedes poñervos en contacto directo comigo para o que vos faga falta.

Se así non se pode por organización familiar, facede como as vosas familias vos digan e organicen.

Disfrutade o que poidades en familia, estade tranquilos e vémonos nuns días!

LIDIAGuiño

DÍA DE ROSALÍA

O 24 DE FEBREIRO CELEBROUSE O DÍA DE ROSALÍA, DATA QUE NO COLE CONMEMORAMOS CUNHA LECTURA DE POEMAS. 

A NÓS TOCOUNOS UN BEN BONITO ADICADO A MAIO. PINCHA NA IMAXE PARA ESCOITAR UNHA VERSIÓN CANTADA.

FIXEMOS UNS CARTEIS PARA A NOSA ACTUACIÓN E AGORA DECORAN A PORTA DA AULA.

ENTROIDO

SEGUINDO COA TEMÁTICA QUE ESTE ANO MOVE O COLEXIO, DISFRAZÁMONOS DE BRASIL, FACENDO REFERENCIA A UNHA DAS ESCALAS QUE MAGALLANES FIXO NA SÚA VIAXE AO REDOR DO MUNDO.

(PINCHA NA IMAXE PARA VER UNHA CANCIÓN MOI CHULA SOBRE A HISTORIA)

PLANTACIÓN NOS MONTES DO CHAO

 O PASADO 19 DE FEBREIRO CAMIÑAMOS ATA OS MONTES DO CHAO A FACER 

UNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES AUTÓCTONAS (CARBALLOS, CASTAÑOS E BIDUEIROS).

PUIDEMOS TAMÉN COMPROBAR COMO AS ÁRBORES QUE PLANTAMOS O ANO PASADO VAN MEDRANDO E XA SON MÁIS ALTAS QUE NÓS!

VISITAMOS TAMÉN OS RESTOS DUNHA MÁMOA. MOI INTERESANTE PARA IR A VISITAR EN FAMILIA E COÑECER UN POUCO MÁIS A NOSA CONTORNA E HISTORIA.

(pincha na imaxe para saber máis)

Distribuir contido