Iniciar sesión: Acceso

Educación Infantil, Aula de 3 anos

ARRANXANDO A CASIÑA DA AULA DE 4 E 5 ANOS

Algunhas nais das nenas e nenos de 4 e 5 anos estiveron arranxando a casiña desta aula. Dita casa está feita con tetra bricks de leite e zume e, co paso do tempo foise deteriorando polo que tivemonos que poñer mans á obra e intentar arranxala. Aquí tedes unha mostra desta reconstrucción:

RECICLANDO PARA O MAGOSTO

As nenas e nenos de Educación Infantil están facendo unhas cestiñas moi xeitosas para poder meter as castañas o día do Magosto. Estas cestas faranse con materiais de refugallo, favorecendo así a práctica das 3R que, dende o noso centro intentamos inculcarlle ao noso alumnado.

FESTA DE GRADUACIÓN 2008

Ao remate do curso 2007/ 2008 fixemos unha bonita festa de graduación para as nenas e nenos da aula de 5 anos. Despois de tanto traballar tíñana ben merecida. Nesa festa, na que estiveron presentes os familiares das graduadas e graduados, vimos un vídeo no que se recollían os momentos máis significativos do curso, foi moi emocionante! E, para rematar, a titora fíxolle entrega a cada nena e neno dun diploma e dunha orixinal orla. Mirade que guapas e guapos estaban todas e todos!!

AULA DE 3 ANOS

 

A NOSA PRIMEIRA OBRA DE ARTE 

As nenas e nenos da aula de 3 anos están disfrutando dos seus primeiros días de colexio. Xa están perfectamente adaptados e encántalles xogar coas témperas de cores, facer construccións, xogar coa plasti. Un día decidimos facer unha gran obra de arte que reflexara o que máis lles gustaba a cada unha e cada un. e aquí tedes o resultado.

Distribuir contido