Iniciar sesión: Acceso

Educación Infantil, Aula de 3 anos

OBRADOIRO DE TARXETAS DE NADAL

As nenas e nenos de Educación Infantil participaron nun obradoiro para elaborar unha tarxeta de Nadal coa que felicitarán as festas ás súas familias.

RESTAURANTE TERRORÍFICO DO SAMAÍN

As nenas e nenos de Educación Infantil organizaron, para o día da festa do Samaín e o Magosto, un espectacular "RESTAURANTE TERRORÍFICO" na aula de 3 anos, polo que pasou toda a comunidade educativa a degustar as delicias terroríficas que elas e eles mesmos cociñaron.

ASISTIMOS Á PROXECCIÓN DO FILME A TROPA DE TRAPO NA SELVA DO ARCO DA VELLA

O mércores 28 de maio, Os nenos de Educación Infantil e os do Primeiro Ciclo, asistimos ao Teatro Jofre para a proxección da película “A tropa de trapo na selva do arco da vella”.

 

 

A Tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella
Datos técnicos:

 

 

Formato: Longametraxe de animación 3D stereoscópico / Cor – 35mm

Duración: 85 min

Director: ÁLEX COLLS

Guionista: LOLA BECCARIA

B.S.O.: ZELTIA MONTES

Produtora Executiva: CHELO LOUREIRO

Produtores: PANCHO CASAL, ALEX COLLS e CHELO LOUREIRO

 

Unha produción de: ABANO PRODUCIÓNS, ANERA FILMS e CONTINENTAL ANIMACIÓN

 

Sinopse

Nesta nova e divertida aventura, a nosa simpática Tropa viaxará até a selva do arcoiris para axudarlle a recuperar as súas cores que, debido á contaminación na Terra, vai apagarse e perderá o seu brillo orixinal. Isto podería orixinar que as cores puidesen desaparecer para sempre do planeta e...¡a Tropa non pode permitilo!

Distribuir contido