Iniciar sesión: Acceso

Educación Infantil, Aula de 3 anos

OS BARCOS DE CORTEZA

Como todos sabedes, o furacán Klaus que pasou pola nosa terra hai uns meses, causou moitos destrozos e, entre outros tirou moitísimas árbores. Pois nós, quixemos facer uso desas árbores mortas que destrozou Klaus e realizamos uns barquiños de vela coa corteza dunha desas árbores.

Mirade que bonitiños nos quedaron...

NOVO BLOGUE DE EDUCACIÓN INFANTIL

A partir de agora temos unha nova referencia en internet dos traballos e experiencias que se están desenvolvendo na etapa de Educación Infantil; trátase do blogue da aula da profe Patri, no que poderedes atopar moita información sobre o que vai ocorrendo na súa aula, fotos, vídeos, enlaces educativos de todo tipo, actividades, xogos, etc..

Distribuir contido