Iniciar sesión: Acceso

Blogues

CREAMOS GALAXIA E NOVOS RETOS DE PIN

Ola familias!!!

Aquí estamos outra semana máis para amosarvos todo o que fixemos durante esta semana.

Unha das propostas foi desenvolver a nosa creatividade empregando a plastilina e todos os utensilios que necesitamos para crear as nosas obras de arte, traballando así a nosa motricidade fina. 

Tamén xogamos ao Vexo Vexo na pizarra dixital para traballar a atención e a conciencia fonolóxica. Os máis peques buscabamos os obxectos que nos dicía a mestra e os de 4 e 5 anos tiñamos que buscar obxectos que comezasen polo son que indicaba Rocío.

Tamén coñecimos un poquiño máis do universo, concretamente os asteroidee e cometas. Sabiade que había un cinturón de asteroides no Universo? Nós si. Sorriso

E ademais fixemos o noso propio debuxo do universo con todo o que estivemos aprendendo durante este trimestre. Algún debuxaron o planetario, outros o Sistema Solar, outros galaxias, planetas....

Esta semana descubrimos unha páxina que ten moitas actividades super divertidas para traballar a lóxica matemática e xa a empregamos na asemblea. Ademais fixemos tamén outras actividades que nos propón: os maiores tarta de sumas para traballar o cálculo mental, aínda que se era necesario tiñamos materiais manipulativoa para poder axudarnos; os máis peques asociación de grafía cantidade; e os de 4 anos sumas espaciais.

Esta semana tamén coñecimos o que son os eclipses. Sabíades que poden ser de dous tipos?

E unha actividade que nos gustou moito foi crear a nosa propia galaxia. Para iso empregamos algodón, auga de cores e purpurina. Quedaron chulísimas!!! Pero do que non somos conscientes é de que ao mesmo tempo estamos traballando a motricidade fina coas pipetas, a coordinación óculo manual, a concentración...

E tamén traballamos moito todos eses aspectos creando os nosos colares.

Seguimos afianzando a conciecia fonolóxica: Por que letra comeza...?

E que nos dicides dos pinchos? Canta creatividade!!! flores, consolas, muros, corazóns.... e como collen forza a nosas mans!!

Lembrades que fai unhas semanas fixemos uns astronautas? Pois esta semana os empregamos para xogar ao xogo do Espacio. Tiñamos que chegar ao cohete e para iso tivemos que responder unha preguntas sobre todo o que estivemos traballando do Universo. Pero non só iso, tamén aprendemos a respectar as normas dos xogos, o turno, a paciencia...

E como proposta de lóxica matemática tamén empregamos oas castelos de anterior e posterior.

Esta semana Pin nos tiña preparados outros 3 retos. O primeiro consistía en buscar as diferenzas entre dúas imaxes. Canta atención e concentración!!!

No segundo tamén tivemos que estar moi atentos porque tiñamos que contar cantos elementos había de cada debuxo e anotalo, traballlando o conteo e a grafía dos números.

Esta semana descubrimos que Pin sabe inglés e nos propusxo buscar na clase obxectos que fosen dunhas cores concretas, pero nos dixo os nomes das cores en inglés. Non hai reto que se nos resista e xa temos 3 novas pezas do quebracabezas.

A semana que ven moito máis!!

FACEMOS GALLETAS

Ola familias!!

Hoxe fixemos galletas con formas de elementos do universo: astronautas, planetas, cohetes, estrelas... Traballamos en quipo e quedaron moi ricas!!!

Aquí vos deixamos un vídeo resumo. Guiño

SEMANA DA PRENSA E MOITAS MÁIS PROPOSTAS

Ola familias!!!

Esta semana seguimos cos retos de Pin,  avanzamos no coñecemento do Universo, na lóxicamatemática, ademais de plantar leitugas (podedes ver a publicación no blogue de Voz Natura), celebrar a semana da prensa e o 8M (publicado na páxina principal).

Pin tiña preparados un retos moi divertidos. O primeiro deles foi conseguir cores novas mesturando auga de diferentes cores. Conseguimos cores moi chulas, ademais de traballar os trasvases e a coordinación óculo- manual, o control, a concentración...

Outro dos retos foi facer quebracabezas numéricos. Para iso tiñamos que ordear os números e poderíamos ver a imaxe.

E como último reto xogamos a un memory do Universo. Canta concentración e atención!!!

Esta semana fomos plantar leitugas e a mestra Lucía encargounos a tarefa de decorar unhas culleres de madeira co noso nome. Nós o fixemos con témperas en barra, traballando así con novos materiais e desenvolvendo a creatividade.

Como proposta de lóxica matemática tivemos que realizar un quebracabezas do inverno, pero para poder ordear as pezas tiñamos que realizar unhas operacións (conteo de puntiños para os máis peques, sumas para os de 4 anos e sumas e restas para os maiores) e buscar o resultado nas pezas para poder escoller a correcta.

Tamén fixemos tartas de sumas, lembrade que sempre adaptadas aos diferentes niveis. Se necesitamos axuda podíamos usar os osiños para facer as operacións de forma manipulativa.

Os de 4 anos era a primeira vez que as facíamos, entón fixemos unha de forma cooperativa e logo rexistramos o resulatdo nunha folla.

E os peques de 3 anos repasamos o conteo de elementos do inverno, atopando despois o número que correspondía, asociando grafía- cantidade.

Seguimos co afianzamento da lecto escritura. Nesta ocasión os peques de 4 anos tiñan que formar o nome dunha imaxe ordeando as letras.

Relacionado co Universo coñecimos a viaxeiros do espazo: Pedro Duque, astronauta español; Laika, primeiro animal en viaxar ao espazo, e Valentina Tereshkova, a primeira muller en ir ao espazo. Así escribimos os seus nomes (o máis peques a inicial) e decoramos os seus cohetes.

Tamén fixemos unha actividade artística, relacionada coas figuras xeométricas, facendo ditas figuras arredor doutras cambiando de cores.

Xa que era a Semana da Prensa, coñecimos as partes dun Xornal e despois por equipos buscamos novas alegres e tristes e as clasificamos nun mural.

E para rematar a semana comezamos a preparar a decoración da nosa bolsa para os traballos e seguimos vendo a película de"Atrapa la bandera".

CHEGOU PIN Á NOSA CLASE

Ola familias!!!

Esta semana foi de moitas visitas. Ademais dos profes do CEIP de Cervantes de La Rioja que viñeron a coñecer o noso cole e ver como traballamos, o luns a profe Rocío recibiu unha chamada na que unha persoa nos dicía que tiñamos que mirar nunha páxina porque había un vídeo para nós. E sabedes quen era? Pin!!! Un pingüino moi simpático que nos propuxo tres retos esta semana (e os que quedan) e que sabe moitas cousas e nós.

O primeiro consistía en cambiar a forma do xeo coa axuda dunhas pipetas e auga. E por suposto o conseguimos traballando moito coas nosas mans e razoando todo o proceso.

No segundo reto tiñamos que ordear as imaxes do conto de Daniela Pirata y la Malvada Cíclope que limos a semana pasada. Como sabía Pin que xa coñecíamos ese libro? É todo un misterio!! Guiño

O fixemos moi ben coa axuda da profe Ana. Ademais tamén empregamos os números ordinais para seguir familiarizándonos con eles. Así traballamos a memoria e a secuencia de feitos.

 

E o último reta da semana foi adiviñar palabras segredas identificando a inicial dunhas imaxes. Como se nota que seguimos avanzando e dominando a conciencia fonolóxica.

Se conseguimos os retos recibimos unha peza dun quebracabezas por cada un. Xa temos tres, pero aínda nos quedan. Vos soan as imaxes que saen nas pezas? A nós si. Guiño

Como propostas de lóxica matemática os pques de 3 seguimos afianzando a asociación de grafía cantidade do 1 ao 10 tanto poñendo osiños  como pedriñas de cores.

Os maiores da clase fixeron crucinúmeros en grupo. Son uns campeóns!!!

E os de 4 anos realizaron sumas afianzando o conteo e tamén volveron a formar as casiñas dos números, pero esta vez de forma grupal e con moitos máis números entre os que buscar os adecuados para cada casa.

Seguimos co proxecto do Universo e esta semana estreamos un xogo de atención onde temos que colocar unhas pezas no lugar correcto.

Despois de coñecer constelacións famosas creamos a do noso signo do zodíaco: unimos os puntos, pegamos estrelas en cada punto e puxemos o nome do noso signo, traballando de forma globalizada lectoescritura, coordinación óculo manual e nas nosas manciñas.

E lle puxemos nome a todo o que ten que levar un astronauta para ir ao Espacio.

Non temos esquecido o proxecto de China. Esta semana coñecimos os seus inventos. Sabíades que inventaron a pólvora, a porcelana, a cometa, o ábaco e outros xogos como o peón, o mikado e o dominó? Así que despois de saber todo isto xogamos a estes tres xogos, respectando as normas e disfrutando de momentos cos demais.

Esta semana tamén lle dixemos adeus a febreiro, así que como sempre que rematamos un mes fixemos o rexistro do tempo contando os pompóns de cada bote, poñendo tantos gomets como pompóns hai, poñendo o número e escribindo o nome do mes, traballando lectoescritura e conteo, ademais da motricidade fina.

Entre esta semana e que ven estamos realizando unha actividade de lectoescritura na que temos que escribir o nome dunhas imaxes, sempre todo adaptado a cada idade e nivel. Por iso os peques de 3 anos identifican a inicial da palabra, a buscan entre unhas letras de madeira e logo a escriben.

E xa realizamos a portada dos traballos deste trimestre, que nesta ocasión é moi primaveral. Picamos unha xoaniña, a pegamos nunha cartolina, lle puxemos os olliños, lle debuxamos as patas e as antenas e logo fixemos tres flores con gomets. Canta concentración e precisión!!

Ata a próxima semana!!!

SEGUIMOS CO PROXECTO DO UNIVERSO E CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Ola familias!!

Esta semana seguimos avanzando no proxecto do universo, homenaxeamos a Rosalía de Castro, contamos un conto e moitas cousiñas máis. 

Estivemos traballando moito coas noas mans e a coordinación óculo- manual cos trasvases de bolas de xel.

Como propostas de lectoescritura para traballar a conciencia fonolóxica tivemos que identificar a inicial dunhas imaxes e buscar a letra que representa ese son, sempre adaptado todo ao nivel de cada un/unha.

Os maiores tiraron un dado con debuxos e tiveron que escribir na pizarra o seu nome. Canto seguen avanzando!!

E os peques de 4 anos tamén seguiron afianzando a lectoescritura co vocabulario do Universo.

Coa profe Ana estivemos realizando unha actividade que nos levou varias sesións: primeiro fixemos unha bola coa pasta de secar ó aire, a cortamos á metade, lle clavamos un pau no medio e lle marcamos os nosos dedos. As profes non nos dixeron que era, pero nós somos moi intelixentes e sabiamos que era a Lúa cos seus cráteres.

Outro día a pintamos de cor gris, pero primeiro tivemos que conseguila e como? Mesturando pintura negra e branca.

A continuación coloreamos os traxes de astronautas. E quen eran os viaxeiros do espazo? Pois nós!!Sorriso

E este foi o resultado!!!!

En canto ao proxecto do Universo, esta semana coñecimos máis sobre a Lúa e ordeamos a súas fases.

E tamén lembramos o que nos contou a profesora Cloe no Planetario sobre as constelacións, cales son as máis famosas e coñecimos unha nova Cassiopeia. Sabíades que según a mires ten forma de W ou M?

Como proposta de lóxica matemática os peques de 4 anos e 5 anos completaron as casiñas do 10,20,30... identificando números e ordeándoos.

 

E os máis peques formaron a recta numérica ata o 10 e asociaron pezas con diferentes cantidades co número correspondente, traballando a grafía- cantidade e o conteo.

Xa realizamos a portado do proxecto do Universo: coloreamos un anaco da Terra, pegamos a Lúa, puxemos unha foto nosa, unimos a nosa man coa Lúa e pegamos gomets con forma de estrela, traballando o agarre, a coordinación óculo- manual, o uso das tesoiras, a atención, a concentración, a paciencia...

Tamén nos debuxamos a nós mesmos, traballando o esquema corporal.

Para conmemorar a Rosalía de Castro fixemos un pequeno mural cun debuxo seu, o seu nome formado por letras que recortamos en revistas e as cales buscamos segundo o son que nos dicía a profe, e formamos un anaco do seu poema "Adiós ríos, adiós fontes" atopando os versos segundo as indicacións que nos daban.

E para rematar o día contamos o conto "Daniela Pirata e a malvada Cíclope" xunto cos nosos compañeiros/as da outra clase de infantil e logo fixemos unha debuxo sobre a historia. Canta creatividade!!!

A próxima semana moito máis!!Guiño

Distribuir contido