Iniciar sesión: Acceso

Blogues

CHEGOU O OUTONO

Ola familias!!!

Esta semana demos a benvida ao outono e varias das propostas estiveron relacionadas con esta estación.

No recuncho de lectoescritura os peques de 3 tiñan que identificar o seu nome e despois buscar as letras nunha bandexa con arroz de cores para poder formalo. Fixérono xenial!!!

Os peques de 4 e 5 anos formaron palabras relacionadas co outono. Así escollían un bote cunha imaxe na tapa e coas letras que había no seu interior formaban o nome desa imaxe, pero tiñan que traballar coas mans porque as letras había que insertalas nun limpapipas marrón.

Ademais os nenos e nenas de 5 anos comezaron a familiarizarse coa escritura do seu nome en minúscula repasando cun rotu máxico o seu nome nesta grafía.

No recuncho da mesa sensorial a proposta consistía en coller cunhas pinzas elementos do outono e clasificalos nuns bols, ademais despois puideron contalos e deixar rexistro diso.

En lóxica matemática traballamos a seriación facendo colares seguindo un patrón. E canto traballaron as nosas mans!!Guiño

Ademais xa comezamos co proxecto do cole "Viaxando polo mundo: Asia". A nós tocounos coñecer China, país do que aprenderemos moito para ao final de curso poder contarlle todo o que sabemos ao resto dos compañeiros/as do cole, o mesmo que faran eles/elas co país que lle tocou.

Nesta sesión pintamos un fondo azul, que será?Guiño E fixemos unha frecha.

Na actividade de arte tiñamos que decorar un caracol poñendo gomets vermellos e amarelos seguindo unha secuencia e facer grafismos no seu corpo.

Ademais preparamos o fondo desta obra estampando rolos de papel hixiénico ata encher toda unha cartolina branco. E que cores usamos? Pois cores de outono: amarelo, laranxa e marrón.

E ao final da semana empezamos a familiarizarnos cos xogos de mesa, nesta ocasión co Speed Cups, co que traballamos a atención e por suposto sempre respectando as regras do xogo e o ritmo e nivel de cada un/unha.

A vindeira semana moito máis!!!

ESTABLECENDO RUTINAS

Ola familias!!

Xa estamos comezando a adaptarnos de novo ás rutinas. Por iso xa comezamos coa asemblea e os compis de 5 anos foron os primeiros en comezar. Unha das rutinas deste momento é debuxar o esquema corporal na pizarra interactiva que xa case dominamos. 

Ademais como actividade de lóxica matemática realizamos sumas, conteo e identificación de número (esta actividade irá cambiando ao longo das semanas).

Como proposta de lectoescritura os peques de 3 anos empezaron a coñecer a súa inicial. E que mellor que facelo decorándoa con gomets, ao mesmo tempo que traballamos a motricidade fina, identificamos cores e forma xeométrica.

Os peques de 4 anos traballaron a formación do seu nome e o do resto dos seus compañeiros/as.

E os peques de 5 anos comezaron a coñecer o seu nome en minúscula. Primeiro formárono seguindo o modelo e despois buscaron as letras do seu nome no chan par poder compoñelo de novo.

Ademais traballamos a conciencia fonolóxica collendo un obxecto da casiña e identificando a súa inicial.

En relación as actividade de lóxica matemática, os máis peques da clase traballaron o conteo e a identificación de números.

Os peques de 4 anos traballaron na recta numérica coa axuda da profe Sareva. Tiraban o dado, daban tanto saltos como indicaba e identificaban o número ao que chegaban, ademais de dicir o seu anterior e posterior.

E os maiores da clase por un lado completaban a táboa do 100 e por outro coñecían os crucinúmeros, que consisten en completar unha plantilla partindo dun número dado, que buscaban na táboa do 100 para poder axudarse dela. Fixérono xenial.

No recuncho de arte manipulamos plastilina coas nosas manciñas para formar diferentes siluetas: estrela, nube, tartaruga, corazón...

Tamén celebremos os primeiros cumples do curso. Pepa e Nico decoraron as súas coroas e quedaron preciosas.

Tamén tivemos unha sesión de ioga despois do recreo para relaxarnos un pouco despois de liberar tanta enerxía no patio.

E antes da merenda, facemos unha tarefa de subitización, é dicir, recoñecer dun golpe de vista o número de elementos que hai nunha colección.

Que hai neses pratos? Pois as nosas comidas favoritas que cada un/ unha debuxou.

Como actividade de cohesión de grupo formamos un quebracabezas cos nosos nomes, que previamente escribimos e decoramos. Somos un equipo e remamos no mesmo sentido.

Tivemos tamén unha sesión na que falamos do efecto que teñen as nosas palabras nos demais. Para iso realizamos a técnica do folio en branco. Se lle dicimos palabras feas vaise arrugando e facéndose pequeno, pero aínda que despois lle digamos cousas bonitas e se estire nunca volverá a ser o mesmo porque o dano xa está feito. Por iso temos que pensar antes de falar e de facerlle dano á xente que nos rodea.

Os peques de 3 anos das dúas clases traballaron o vocabulario das profesións e os materiais que empregan. 

E por último o venres tivemos a sorte de acudir a unha sesión de teatro na que Luis non ensinou a importancia de facer as cousas con corazón e axudar os demais.

Que orgullosa estou dos meus nenos e nenas!!!

Para a semana moito máis!!!Guiño

PRIMEIROS DÍAS

Ola familias!!! 

Aquí vos deixamos un vídeo da primeira semana de cole. Nel poderedes ver como os peques de 3 anos se ían familiarizando co novo espazo e os novos compis.

Ademais os de 4 e 5 anos tamén ían coñecenzo os cambios que había na aula e tos disfrutaron das diversas propostas que atopaban nos diferentes recunchos.

Na casiña o xogo foi libre para desenvolver o xogo simbólico e a imaxinación. Tamén disfrutaron do novo espazo da aula: os minimundos.

No recuncho de arte manipularon plastilina, pintaron con acuarelas, estamparons sellos de letras, debuxaron de forma libre e crearon debuxos con gomets, traballando así a creatividade e a motricidade fina. 

No recuncho de experimentos puideron experimentar e manipular diversos materiais como area, auga, boliñas de xel, arroz ou boliñas de textura máis forte para clasificar. Desta forma traballaron a motricidade fina, os trasvases, a pinza...

No recuncho de lóxica matemática tiñan propostas como quebracabezas, xogos de mesa para traballar a orientación espacial, as formas co bloques lóxicos, a atención, e a coordinación óculo- manual con pinchos e os policubos.

No recunho da lectoescritura tiñan materiais diversos como quebracabezas para traballar a conciencia fonolóxica, as letras traslúcidas para formar palabras como o seu nome ou pezas de cores e distinta formas para disfrutar da mesa de luz.

No recuncho da biblioteca tiñan libros para manipular de forma libre, compartindo momentos especiais.

Tivemos sesión de contos, tanto dos que traían os nenos e nenas, como os que propoñía eu, como por exemplo "O monstruo de cores vai ao cole".E tivemos unha sesión de escoita consciente que nos permite manter a atención na música e tamén nas formas que se representan mentres a escoitamos.

Ademais comezamos a familiarizarnos coa nova pizarra interactiva que temos na clase, posto que a empregaremos para debuxar o esquema corporal no momento da asemblea.

E por suposto xogo libre coas construccións e un novo material que consta duns tubos de plástico de cores cos que poden crear pequenas piscinas para os animais ou de forma cooperativa e espontánea crear un circuíto para levar unha bola dun lado da clase ao outro.

Para finalizar a semana todos levamos unha medalla por superar esta primeira semana cun rotundo éxito.

Desexando amosaros o que iremos facendo durante todo o curso.Sorriso

BENVID@S!!!!

Ola familias!!!!

Xa deu comezo un novo curso e estamos listos e coas pilas cargadas para compartir experiencias marabillosas. 

O luns recibimos aos peques coa presenza dun dragón chino, posto que este curso o proxecto do cole é A volta ao mundo: Asia. Os peques de 4 e 5 anos sacaron unha foto co dragón e co lema escrito en chino Imos a esforzarnos!! (os pequerrechos de 3 anos estaban co período de adaptación e chegaron un poquiño máis tarde).

Aquí vos deixamos un vídeo dos momentos compartidos no recreo. Sorriso

CURSO CURSADO, CURSO REMATADO

OLA POR DERRADEIRA VEZ, FAMIILIAS...

ESTA SERÁ A ENTRADA DO BLOGUE COA QUE LLE POÑEREMOS PUNTO E FINAL A ESTE MARABILLOSO CURSO.

NELA VOS AMOSAREI O QUE OCORREU NA AULA OS ÚLTIMOS DÍAS: ACTIVIDADES E, POR SUPOSTO, AS MALETAS DAS NENAS E NENOS.

TIÑAMOS PENDENTE REMATAR A FOLLA DE REXISTRO DA ARTISTA XAPONESA OBSESIONADA COS PUNTOS. LEMBRADES COMO SE CHAMABA? YAYOI KUSAMA!!! FIXÉRONO EMPREGANDO POR ÚLTIMA VEZ A ESTRUTURA COOPERATIVA DE LÁPIS AO CENTRO.

TAMÉN ELABORARON AS PORTADAS DOS TRABALLIÑOS DO TRIMESTRE: PINTARON LIBREMENTE UN CAMPIÑO DE FLORES, PEGARON UNHA REGADEIRA E DEBUXARON A AUGA QUE SAÍA DESTA E REGABA AS FLORES.

COMO VISTES, ESCRIBIRON AS INVITACIÓN AO FESTIVAL DE FIN DE CURSO INIDIVIDUALMENTE.

TAMÉN APROVEITAMOS E FOMOS AO INVERNADOIRO A POLA COLLEITA DO TRIMESTRE: PEMENTOS!!!!

FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE EN GRAN GRUPO COS "STORY CUBES". CADA NENO/A, POR QUENDAS, SELECCIONABA 2 CUBOS AO CHOU, LANZÁBAOS E FORMABAN UNHA PEQUENA HISTORIA COS ELEMENTOS QUE QUEDABAN CARA ARRIBA. HOUBO MOITA IMAXINACIÓN, CREATIVIDADE, DISPARATE E, SOBRE TODO, MOITAS GANAS DE FALARCanso.

POR ÚLTIMO E GRAZAS Á MESTRA LIDIA PLANTARON UNHAS FABAS QUE TIÑAN ESCRITA UNHA PALABRA MOI ESPECIAL: AGARIMO. ESTA FOI A PALABRA MÁS VOTADA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, SINÓNIMO DE AMOR, CARIÑO... E SENDO SINCEIRA, CONSIDERO QUE NON HAI UNHA PALABRA QUE MELLOR DEFINA COMO FOI ESTE CURSO, POIS NON PODERÍA VERBALIZAR A CANTIDADE DE APERTAS, BICOS, DETALLES, AGASALLOS, MOMENTOS DE COMPLICIDADE E DE DEMOSTRAR AMOR QUE HOUBO NA AULA AO LONGO DE TODOS ESTES MESES.

ADEMÁIS, ESTES DÍAS INTERCALAMOS AO LONGO DA XORNADA A DINÁMICA DA MALETA. TIÑA VARIAS INTENCIÓNS COA REALIZACIÓN DESTA ACTIVIDADE: FOMENTAR A EXPRESIÓN ORAL, O COÑECEMENTO MUTUO, AS RELACIÓNS COAS/OS DEMAIS, POTENCIAR A AUTOESTIMA, FOMENTAR O SENTIMENTO DE PERTENZA AO GRUPO, FAVORECER AÍNDA MÁIS A ADAPTACIÓN AO COLE, DESFRUTAR, FOMENTAR O RESPECTO, A EMPATÍA, XENEROSIDADE... MOITÍSIMAS INTENCIÓNS. ADEMAIS E XA QUE CONSIDERO QUE TRAS TODO ESTE TEMPO COÑEZO BEN AO GRUPO, SABÍA QUE HABÍA UNHA ALTA PROBABILIDADE DE QUE ESTA DINÁMICA SAÍRA BEN XA QUE SON UN GRUPO COHESIONADO, QUE COÑECEN AS NORMAS, UN GRUPO FALADOR, SEMPRE CON GANAS DE EXPRESARSE E DE CONTAR ALGO... POIS AÍNDA TENDO ISTO CLARO, DURANTE O DESENVOLVEMENTO DE CADA UNHA DAS MALETAS AS MIÑAS EXPECTATIVAS ÍAN SUPERÁNDOSE E EU TAN SÓ SENTÍA ORGULLO E ADMIRACIÓN; PORQUE TENDO 3-4 ANOS É DE ADMIRAR A CAPACIDADE QUE TEÑEN PARA EXPLICARSE, PARA CREAR O SEU PROPIO DISCURSO E PARA "ENGANCHAR" AOS DEMAIS AÍNDA QUE NON TEÑAN OS MESMOS INTERESES, PARA FACER DO COLE UN LUGAR NO QUE TAMÉN SE SENTEN TRANQUILOS/AS E AO QUE SENTEN QUE PERTENCEN; CAPACIDADE PARA TRANSMITIR E EMOCIONAR(ME) E DARLLE A ENTENDER AOS/ÁS OÍNTES QUE CERTOS ASPECTOS DA VIDA QUE ESTABAN CONTANDO ERAN MOI IMPORTANTES E ÍNTIMOS PARA ELES/AS E QUE PRECISABAN SENTIRSE ESCOITADOS/AS E RESPECTADOS/AS. DE VERDADE QUE NON SE ME OCORRE UN MELLOR BROCHE FINAL PARA ESTE CURSO QUE O DESENVOLVEMENTO DESTA DINÁMICA QUE TANTA SATISFACCIÓN LLES BRINDOU. ASEGÚROVOS QUE TODAS/AS DESFRUTAMOS. HOUBÉSEME ENCANTADO QUE PODERADES VER TODOS ESTES MOMENTOS POR UNHA CAMARIÑA PARA QUE ME ENTENDADES MELLOR; PERO COMO ISTO NO FOI POSIBLE, A CONTINUACIÓN AMÓSOVOS ALGUNHAS FOTOGRAFÍAS QUE PENSO QUE REFLICTEN TODO ISTO QUE VOS ACABO DE DESCRIBIR. NON PERDADES DE VISTA AS SÚAS CARAS, PENSO QUE FALAN POR SÍ SOAS.

MALETA DE PEPA

MALETA DE EVELYN

MALETA DE BELTRÁN

MALETA DE ROQUE

MALETA DE RAFA

MALETA DE ÁNGEL

MALETA DE ÁLEX

MALETA DE AMELIA

MALETA DE NICO

MALETA DE SARA

POR SUPOSTO, GRAZAS UNHA VEZ MÁIS A VÓS, FAMILIAS, PORQUE SEN A VOSA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN ,TODO ESTO NON SERÍA POSIBLE. GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS!!!!

O ÚLTIMO DÍA DE CLASES FOMOS DE EXCURSIÓN POLO PATIO XUNTO CUN TRÍPODE E O MEU TELÉFONO E QUITAMOS ALGUNHAS FOTOGRAFÍAS QUE GARDAREI COMO RECORDO POR ESTE CURSO INSUPERABLE (SÍNTOO  POR ESTAR CABEZA ABAIXO, POR MÁIS QUE A XIRO SÚBESE MAL AO BLOGUEIndeciso).

POR ÚLTIMO E ANTES DE DESPEDIRME, CONVÍDOVOS UNHA VEZ MÁIS A VER O VÍDEO-RECORDO DESTE FANTÁSTICO CURSO. QUE ESTES/AS PEQUES NON CAMBIEN NUNCA, POR FAVOR, SON XENIAIS TAL E COMO SON. ADÓROOS!!!!

QUE PASEDES MOI PERO QUE MOI BO VERÁN. ATA SEMPRE!!Risa

Distribuir contido