Iniciar sesión: Acceso

SEMANA DE MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

Ola de novo familias!!

Esta semana estivo chea de propostas novas e rematámola celebrando o magosto e o día do peón. 

Comezamos a semana sendo rescatadores de dinosuarios, tanto con pinzas como coas nosas manciñas.

Tamén os maiores repasamos a grafía dos números, posto que ás veces nos despistamos e facémolos ao revés, e non ven de máis lembrar a súa direccionalidade. E os peques comezamos a familiarizarnos con ela.

E mentres uns estaban cos dinosaurios e outros cos números, outro grupo traballamos de forma cooperativa para resolver un quebracabezas traballando en equipo.

O luns limos outro dos libros de flamengos, nesta ocasión o do noso amigo Lucas e gustounos tanto que fixemos un debuxo da historia.

No proxecto de China coñecimos a súa casa e comparámola coas nosas. Ademais falamos das dependencias e dos obxectos que hai en cada unha, poñéndolle nome a eses elementos traballando así a lectoescritura, cada un/unha ao seu nivel. Tamén coñecimos a pagoda, un templo chino. Sabedes que os hai con diferentes pisos?

Vistes como traballamos coas nosas manciñas? Nesta ocasión aproveitamos a pasta de samaín que tiñamos na clase e fixemos uns colares preciosos. Pero non quedou aí a cousa porque tamén contamos cantos elementos puxemos traballando o conteo.

No proxecto dos Flamengos identificamos as súas partes. Os maiores identificaron os nomes das partes, cortáronos e pegáronos no lugar correspondente, traballando a lectoescritura e o uso das tesoiras. Os máis peques identificamos as vogais na palabras.

E seguimos coa lecto, pero esta vez usando plastilina e moldes. Identificamos letras e collemos forza nesas mans.

Os maiores tamén adiviñaron palabras segredas. E como? Pois identificando a inicial de cada debuxo e anotándoa (conciencia fonolóxica en estado puro).

E os peques comezamos a familiarizarnos coa escritura do noso nome, respectando sempre o ritmo de cada un/unha.

En valores seguimos traballando a responsabilidade e a reciclaxe. Nesta ocasión lembramos que tamén podemos elaborar os nosos xoguetes empregando material de refugallo, ao mesmo tempo que desenvolvemos a nosa creatividade. Fixemos pulseiras, cohetes, polbos, casas...

Sabiades que os flamengos son ovíparos? Pois nós si e ordeamos o seu ciclo de crecemento, desde que nacen ata que son adultos.

E chegou o día do peón!! A mestra deunos unhas peonzas feitas reciclando obxectos que podemos atopar de forma sinxela (cds, tapóns e canicas) e nós decorámolas con gomets e desfrutamos xogando.Sorriso

E para rematar a semana saímos á pista a celebrar o Magosto cos nosos compañeiros/as de primaria. Tomamos leite, castañas e desfrutamos cos xogos tradicionais!!

Ata a semana que ven!!!Guiño