Iniciar sesión: Acceso

SEGUIMOS AVANZANDO

Ola familias!!!

Esta semana tivemos novas propostas que nos axudan a seguir avanzando no noso desenvolvemento.

Como nova tarefa do encargado temos que poñer o anterior e posterior dun número e a verdade que o facemos moi ben!!

A nosa compañeira Alexandra foi uns días de viaxe a Rotterdam e amosounos as fotos que sacou, ademais de explicar o que nelas aparecía (expresión oral total).

Esta semana tivemos que converternos en mecánicos e amañar barcos e coches poñéndolles tornillos e outras pezas, ás veces usando as mans e outras coas ferramentas adecuadas (traballo de motricidade fina).

E para traballar a conciencia fonolóxica tiñamos unha sopa de letras que necesitaba sacar elementos. Pero cal sacamos? Pois a letra que representa o son que dicía a mestra. E somos uns expertos!!!

Que importante é traballar a atención e o xogo do lince permítenos facelo dunha maneira lúdica.

No proxecto do China coñecemos a familia, quen a forma e como se di mamá e papá no seu idioma. E decidimos debuxar a nosa familia para poder comparalas (cada un vamos ao noso ritmo).

Seguimos avanzando no proxecto dos flamengos e nesta ocasión coñecemos o que comen: algas, crustáceos, plancton e insectos.

Sabedes que os flamengos son ovíparos? Pois na clase atopamos uns flamengos cun número que nos indicaba cantos ovos puxo cada un. Desta forma avanzamos e repasamos a asociación de grafía- cantidade dunha forma lúdica.

E os maiores tiveron un reto matemático novo. Formar o quebracabezas da táboa do 100, pois a profe Rocío cortouna en anaquiños e non sabía unila.

E seguimos co traballo da coordinación óculo manual e a motricidade fina formando a silueta de corazóns, nubes, estrelas... con pedriñas de cores.

Coñecedes o tangram? Con pezas de diferentes formas e cores formamos figuras. Os peques de 3 anos comezamos manipulando de forma libre estas pezas e os de 4 e 5 anos intentamos formas as figuras. Cando nos costaban facíamos equipo para facelo xuntos.

Outra actividade de lóxica matemática que fixemos foi tirar un dado, contar os puntos ou subitizar (segundo o nivel no que esteamos) e borrar o número que representaba esa cantidade. Hasta tivemos que usar dous dados para poder borrar números maiores de 6!!

Vémonos a semana que ven!! Sorriso