Actividades complementarias

Cartas con alma

Para participar poder elaborar a túa carta, conto, debuxo, cómic.. que transmita unha mensaxe de ánimo, apoio ,recoñecemento ... para estes pacientes que se atopan hospitalizados nestes momentos e mostrar así o teu apoio e solidariedade.

No documento debes por o nome e a túa idade e envialo o correo do centro ceip.joaquin.rodriguez@edu.xunta.gal . Podes envialo en formato de documento de texto, pdf ou imaxe . Desde o centro remitirase o Concello que as dirixirá á Fundación María José Jove que , seguindo o procedemento recomendado pola Área Sanitaria da Coruña , lle dará traslado aos pacientes.

Desde o centro animámosvos a que durante esta Semana Santa participedes nesta iniciativa solidaria.

Visita do CEE Ntra. Sñra. de Lourdes

O día 23 de xaneiro visitaron o noso centro o alumnado e docentes do CEE Ntra. Sñra. de Lourdes.

Contarónnos como son as súas clases e amosáronnos os proxectos nos que traballan e algúns produtos elaborados por eles. 

   
   
 

Charla sobre epilepsia

O día 4 de decembro visitaron o noso centro membros da Unión Galega de Epilepsia ( UGADE ) para explicarnos en que consiste a epilepsia e como debemos actuar se nos atopamos ante unha crise epiléptica.

   

TÉCNICAS DE ESTUDO

E COMO SE ESTUDA...?

 

 Busca un lugar cómodo, ben iluminado e lonxe de distraccións.

 

- Fíxate no título e nos subtítulos (os títulos máis pequenos).

- Le en voz alta o tema (máis dunha vez).

- Estuda cun papel e lapis/bolígrafo ao lado e escribe o que che resulte máis difícil de lembrar.

- Fíxate nos exemplos e trata de pensar nalgún máis.

- Os debuxos serven tamén para fixar contido: non os perdas de vista!

- Fai un esquema (e/ou revisa o xa feito).

- Fai un resumo en voz alta.

Obradoiro de Nadal

Visita da Asociación Aloumiños

Estes días recibimos a visita da Asociación Aloumiños, que se ocupa das persoas con necesidades específicas da Costa da Morte. Os rapaces e rapazas da escola desfrutaron dunha demostración a cargo de Nuba , unha cadela da raza Golden Retriever da asociación Cadelar , que presta servizo nas sesións de terapia.

 

 

Actividades do concello de Malpica

            

Actividades do concello de Malpica