Atención á diversidade

Visita do CEE Ntra. Sñra. de Lourdes

O día 23 de xaneiro visitaron o noso centro o alumnado e docentes do CEE Ntra. Sñra. de Lourdes.

Contarónnos como son as súas clases e amosáronnos os proxectos nos que traballan e algúns produtos elaborados por eles. 

   
   
 

Estimulación da linguaxe

Desde a aula de audición e linguaxe o que se pretende é mellorar, correxir e potenciar os aspectos comunicativo-lingüísticos e lectoescritores dos rapaces e rapazas que poidan ter algunha dificultade neste ámbito. Realízanse sesións individuais, apoios dentro do aula ordinaria e un programa de estimulación da linguaxe oral na etapa de educación educación infantil dos 3 ós 6 anos. Onde o obxectivo que se pretende é detectar e previr posibles dificultades e estimular a linguaxe dende idades temperás.

Entre algunhas destas actividades que realizamos en educación infantil está a dos contos nos que traballamos sobre historias que contamos e todo o vocabulario das mesmas. A continuación amosamos as actividades que se realizan a este nivel:

  • Carapuchiña Vermella : - conto

  • Os músicos de Bremen: - conto