blogue deMaita
TÉCNICAS DE ESTUDO
E COMO SE ESTUDA...?
Busca un lugar cómodo, ben iluminado e lonxe de distraccións.
- Fíxate no título e nos subtítulos (os títulos máis pequenos).
- Le en voz alta o tema (máis dunha vez).
- Estuda cun papel e lapis/bolígrafo ao lado e escribe o que che resulte máis difícil de lembrar.
- Fíxate nos exemplos e trata de pensar nalgún máis.
- Os debuxos serven tamén para fixar contido: non os perdas de vista!
- Fai un esquema (e/ou revisa o xa feito).
- Fai un resumo en voz alta.