Actividades

E POLO NADAL FESTA, NOTAS E O APALPADOR!

Nestas datas a pesares do frío, da crise e das notas son días de Ledicia, ilusións e bos desexos para todos.

Os equipos de Extraescolares, Normalización, Biblioteca e Novas Tecnoloxías artellaron as segruintes actividades:

Visita do Paxe Real: O xoves 17 de decembro achegarase ao cole do Grupo o Paxe Real para recoller as cartas dos máis pequenos coas súas peticións. Repartirá doces e levará as cartas ás SSMM de Oriente.
Visita do Apalpador: O luns 20 de decembro achegarase polo centro o Apalpador, un leñador que segundo a tradición oral galega do este de Galiza baixa da montaña a noite do 25 de decembro a palparlles a barriga aos meniños para ver se están ben mantidos e deixalles unha presa de castañas quentes para que non pasen fame e nalgúns casos agasallos. Se queredes podedes pinchar nesta ligazón para descargardes o libro de Xoan G O Apalpador e se queredes tamén o podedes mercar.
Visita das SSMM os Reis de Oriente Melchor Gaspar e Baltasar o 22 de decembro. Recepción Real no Pabillón de Educación Física.
Panxoliñas no Portal de Belén do Grupo organizadas polas mestras de Educación Relixiosa Católica. Están invitados todos/as os que canten panxoliñas. 
Festa degustación de produtos de Nadal antes de comezar as vacacións. Temos permiso para poñernos morados de turrón de chocolate, polvoróns, noces, améndoas...e logo comezan as vacaCIÓNS!.

Clica aquí para ver a galería de imaxes

 

 

Chega o Samaín ó Grupo, a festa das cabazas e do aninovo Celta.

samain

A semana do 25  ao 29 de outubro celebramos, por todo o alto, esta festa de orixe Celta. Mirade o que preparamos!

  • IV Exposición de cabazas do Samaín: xa imos pola cuarta edición deste certame que nesta ocasión amosa novidades. Tivestedes a fin de semana para idear e concretar a creación, desde o martes 26 ao xoves 28 recibimos as obras que se presentaban. Quedando expostas na entrada e corredores dos dous edificios.

    

  • O xoves 28 fíxose, pola tarde, o gran acendido de cabazas do Samaín a partires das 19.30; a continuación a proxección multimedia do fermoso conto de OQO " A figueira de PelosTortos".  E finalmente o momento estelar coa actuación dos alumnos de 5º de Primaria onde bailaron nun cemiterio moi creativo e arrepiante no patio exterior do colexio, ao son da música de Thriller de Michael Jackson.


Logo do conto recibimos a visita de Pelostortos, que susto levamos!!


Agardamos que fora do voso agrado e que o pasarades moi ben!

O Grupo no Concurso Literario: Maio Cultural 2009

Concellala Juana Hermitas coas gañadoras do CEIP O Grupo

Na 17ª edición do Concurso Literario Maio Cultural. A concelleira de Educación do Concello de Ribeira, Juana Ermitas Crugeiras Vidal, foi a encargada de entregar os diplomas e agasallos correspondentes aos rapaces distinguidos nun Auditorio Municipal que estaba ocupado por 275 rapaces pertencentes aos diferentes centros que participaron no certame: Grupo, Galaxia, Palmeira, Aguiño, Carreira e da Capela, así como da Asociación Ámbar.

Nesta 17ª edición presentáronse preto de 200 aspirantes á acadar uns premios que estaban divididos en tres categorías (prosa, poesía e banda deseñada), subdividíndose á súa vez nas modalidades de entre 7 e 10 anos e de entre 10 e 13 anos.

@S ALUMN@ DE 4º B VISITARON A TVG E O MUSEO LUÍS IGLESIAS DA USC

No marco das actividades programadas no Proxecto de Actividades de Normalización e en estreita colaboración co equipo de Actividades Extraescolares, os alumnos de 3º B do noso cole visitaron as instalacións da Televisión de Galicia en San Marcos (Santiago de Compostela). E o Museo de Historia Natural Luís Iglesias da USC.

AS MEIGAS ENFEITIZAN O GRUPO POLO ENTROIDO 2009

Meigas, magos, monstruos, esqueletes e demais parentela chegaron ao ximnasio do cole o 20 de febreiro para celebrar o Entroido 2009 co tema “ Contos de Medo”.

  • O equipo de Infantil creou un taller de roscas, os nenos coñecerán a receita, amasarán e darán forma ás súas propias roscas.
  • Durante a semana do 16 ao 19 de febreiro realizaremos as tradicionais ordes sumativas do meco que culminarán o 20 coa festa de disfraces. 
  • Desfile e Actuacións de Entroido no Pabillón cuberto: 
    • Desfile  de infantil e 1º ciclo de primaria das 9:30 ás 11:30 no ximnasio. Con actuacións incluídas.
    • Desfile de 2º e 3º ciclo de primaria das 11:15 ás 12:30 no ximnasio. Con sorpresas, cancións, bailes e demais.  
  • Como guinda da festa montamos un Karaoke.
  • Visitas sorpresa das bruxas Mimi e Bruxilda.
  • Degustación de produtos de entroido: orellas, roscas, filloas…

Clica para ver a galeria de imaxes 

 

TRABALLANDO O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

TRABALLANDO O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA NO GRUPO

 No noso cole celebramos o día 30 de xaneiro o Día Internacional da Paz e non Violencia. Preparamos as seguintes actividades.

  • Para traballar na aula repartiuse nos ciclos un cartafol con material axeitado.
  • Actuación do famoso dúo Capitán Benito Souto e Grumeta Quilla coa obra ”Palabra de quenlla”, un novo conto mariñeiro.
  • Ao remate coreografía e canción grupal, a versión do artista Juanes “Paz”.

 

Clica para ver a galeria de imaxes

 

 

O NADAL CHEGA AO GRUPO

Nestas datas cheas de Ledicia, ilusións e bos desexos para todos os equipos de Extraescolares, Normalización, Biblioteca e Novas Tecnoloxías artellaron as segruintes actividades:

  • Visita do Paxe Real: O martes 16 de decembro achegouse  ao cole do Grupo o Paxe Real para recoller as cartas do máis pequenos. Repartirá doces e levará as cartas ás SSMM de Oriente.
  • Visita das SSMM os Reis de Oriente Melchor Gaspar e Baltasar o 19 de decembro. Recepción Real no Pabillón de Educación Física.
  • Festa degustación de produtos de nadal antes de comezar as vacacións. Temos permiso para poñernos morados de turrón de chocolate, polvoróns, noces, améndoas...e logo comezan as vacaCIÓNS!

clica para ver a galeria de imaxes

 

@S ALUMN@S DO GRUPO ACHEGANSE AO MAGOSTO TRADICIONAL

 

Celebramos o Magosto, a tradicional festa da castaña o mércores 26 de novembro de 2008. Vos sabiades que antes de que Colon chegara a América e trouxera a pataca, o alimento que formaba a base da alimentación era a castaña. As castañas cocidas, asadas, soas ou acompañadas, estaban presentes nas alacenas dos galegos. Hoxe para algúns pasa por un produto de tempada sen máis, para outros é un produto de gourmet o "marrón glacé". Con esta actividade queremos lembrar a importancia social, económica, cultural... da castaña froito do castiñeiro.

Mirade o que fixemos neste curso académico para celebrar o Magosto 2008-09 

  • Os equipos organizadores crearon un cartafol do magosto con material adaptado a cada etapa, ciclo e nivel, para traballar na aula.
  • Os alumnos trouxeron  un puñado de castañas picada para asalas o 26 de novembro.
  • II Concurso de Froitos do Outono, para desarrollar a creatividade artística e a capacidade de reciclado cos froitos do outono.
  • Realizarase outra actuación protagonizada polo Capitán Benito Souto e a Grumete Quilla :” O Magosto da Gaivota” en Infantil e 1º ciclo de primaria e "As aventuras de Xan Castañeda"en 2º e 3º ciclo de Primaria.
  • Visionado do conto audiovisual "A castaña Dourada"  en Infantil e 1º ciclo.
  • Circuíto de xogos populares e tradicionais Galegos: Carreira de sacos, a ra, a chave da Coruña, os birlos, encesta a castaña, achega a castaña, carreira de castañas na culler, zancos de man, aros con guía, o ferrón, tira da corda…
  • Degustación de castañas asadas por un castañeiro tradicional.
  • Lixoman fixonos unha visita para lembrarnos, unha vez que estamos na Axenda 21, que as pelas das castañas se tiran no contedor verde de residuos orgánicos. 

clica para ver a galeria de imaxes

 

 

REGRESANDO ÁS RAÍCES CELTAS CO SAMAÍN

 

Xa é tradicional celebrar dende hai anos o Samaín no noso cole. De orixe celta, esta festa celebra a chegada dunha nova estación, o inverno e con ela o ano novo celta. A través desta festa os máis novos toman conciencia da orixe celta, logo galega dunha celebración que en demasiadas ocasión chega como "orixinal yanki", cando foi todo ao contrario, os primeiros irlandeses que emigraron a EEUU levarón o Samaín que nos volve como Halloween.

As actividades realizadas froito da coordinación dos Equipos de: Normalización, Extraescolares e Biblioteca para conmemorarmos a festa do Samaín no CEIP O Grupo foron:

Día da Festa o 31 de outubro.

  • Nas aulas traballouse a Unidade Didáctica do Samaín (lenda, tallar cabazas, debuxos…)
  • Concurso de talla de cabazas: entrega das cabazas dos participantes entre os dias luns 27 e martes 28 de outubro.
  • Contacontos:
    • Contacontos con Benito Souto no 2º e 3º ciclos de primaria o Grande Capitán Benito Souto amosaranos a historia do Afundimento do buque Santa Isabel na Illa de Sálvora.
    • Conto do Tío Lobo en infantil e 1º ciclo de primaria. 
  • Acendido das candeas e visita das aulas á exposición de Samaín 2008-09.
  • Entrega dos premios aos gañadores do concurso de Samaín 2008-09.
  • Recollida das cabazas da exposición.

Clica para ver a galeria de imaxes

O CORRELINGUA 2009 ESTE ANO NA POBRA

 

 

Grupo de 3ºB CEIP O Grupo no Correlingua 2009 

Hoxe pola mañán, martes 12 de maio de 2009, todo o alumnado de Primaria do Ceip o Grupo, encheu cinco buses dirección á Pobra para celebrarmos o Correlingua 2009.

Ao chegarmos demos un paseiño trouleando en galego por algunhas rúas da pobra ata que demos a saída desta carreira simbólica a prol da defensa da noso lingua galega.

Distribuir contido