Saídas Didácticas

Día Mundial da Saúde 2018

QUE MERENDA TAN SAUDABLE PREPARAMOS E DEGUSTAMOS PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VELO

día da saúde

8 DE MARZO

SIMBOLO MULLER 8 DE MARZO MAN MULLER

HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL PARA QUE OS NENOS E AS NENAS, REFLEXIONEMOS E NOS PREGUNTEMOS SE OS HOMES E AS MULLERES SOMOS DIFERENTES, OU SE POLA CONTRA, NO IMPORTANTE SOMOS IGUAIS...

 

Montaje creado Bloggif

DÍA DA MULLER - 8 MARZO DE 2017

 

O MÉRCORES 8 DE MARZO NO NOSO COLE QUIXEMOS POÑER DE MANIFIESTO QUE NON DEBE HABER DIFERENZAS ENTRE HOMES E MULLERES, QUE TODOS TEMOS A MESMA VALÍA INDEPENDENTEMENTE DO SEXO. AS  NOSAS ALUMNAS REIVINDICARON  AS PROFESIÓNS ÁS QUE SE QUEREN  ADICAR NO FUTURO ...

PREME NA IMAXE PARA ESCOITALAS.

NENOS DIA DA MULLER

VIÑERON DÚAS  OFICIAIS DA POLICÍA LOCAL, NO COCHE PATRULLA E EXPLICÁRONLLE AOS NENOS E NENAS COMO É O SEU DÍA A DÍA NO TRABALLO, AS ARMAS QUE UTILIZAN, COMO DEFENDERSE, ...

 

Montaje creado Bloggif

E O EQUIPO FEMININO DE TAEKWNDO FÍXONOS UNHA IMPRESIONANTE  EXHIBICIÓN

 

Montaje creado Bloggif

DIA DA MULLER TRABALLADORA -8 DE MARZO DE 2015

diaemptydaemptymulleremptytraballadora

CARTAZMULLERTRABALLADORA

     mullertraballadora2015              mullertraballadora2015

DENDE O COLEXIO QUEREMOS CONTRIBUIR A CONSEGUIR A UNHA SOCIEDADE MÁIS XUSTA. UN DOS ASPECTOS MÁIS IMPORTANTES HOXE EN DÍA, CONSIDERAMOS QUE É CONSEGUIR QUE OS NOSOS ALUMNOS E AS NOSAS ALUMNAS ACADEN UNHA CONCIENCIA FIRME DA  IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES, EN TODOS OS ÁMBITOS DA VIDA. 

ESTE ANO QUEREMOS SALIENTAR O LABOR TAN IMPORTANTE QUE TANTAS E TANTAS MULLERES GALEGAS FIXERON. ENTRADE NESTE ENLACE PARA SABER MÁIS.  culturagalega.org/mulleres

OU DESFRUTADE CON ESTAS PRESENTACIÓNS, ONDE COÑECEREDES A GRANDES MULLERES

 

 

 

 

 

QUE DESENVOLVERON GRANDES LABORES EN DIFERENTES EIDOS DA VIDA.

 

  

 

 

    

PREMIOS DO CONCURSO LITERARIO DO CONCELLO -MAIO 2014

ESTE ANO, COMA OS ANTERIORES PARTICIPAMOS NO CONCURSO LITERARIO QUE O CONCELLO CONVOCA CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS E DO MAIO CULTURAL.

O NOSO COLE TIVO MENCIÓN DE HONOR POLA ALTA PARTICIPACIÓN NA PRESENTACIÓN DE TRABALLOS DE POESÍA, NARRACIÓN E COMIC.

AQUÍ TENDES AOS NOSOS AGRACIADOS GAÑADORES.

                                           MENCIÓN14       MAIO14 MAIO14LOIS14 LAURA14 ANXO14 4º14

 

 

 

150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS-MARZO 2013

OS RAPACES E RAPAZAS DE 4º DE PRIMARIA QUIXEMOS HOMENAXEAR A ROSALÍA DE CASTRO, CANDO SE CUMPLEN 150 ANOS DA PUBLICACIÓN DE CANTARES GALLEGOS. COS NOSOS MESTRES GENA  E RICARDO APRENDEMOS UNHAS POESÍAS DESTA FERMOSA OBRA E FOMOS RECITALAS AO AUDITORIO MUNICIPAL, ONDE HABÍA TAMÉN NENOS E NENAS DOS OUTROS COLEXIOS DO CONCELLO. FOI UNHA EXPERIENCIA FERMOSA, UNHA HOMENAXE A ROSALÍA E...Á NOSA  FERMOSÍSIMA LINGUA!!

NENOS DE 4º RECITANDO A ROSALÍA

 

    NENOS DE 4º RECITANDO A ROSALÍA

VISITA A GALLAECIA PÉTREA-2013

 

OS RAPACES E RAPAZAS DE PRIMARIA DO NOSO COLE FIXEMOS UNHA VISITA MOI INTERESANTE Á CIDADE DA CULTURA , E  SANTIAGO DE COMPOSTELA.

FOMOS DISFRUTAR DA EXPOSICIÓN: "GALLAECIA PÉTREA".A PRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE A NOSA HISTORIA DUN XEITO MOI DIVERTIDO, POIS TIVEMOS QUE  IR ATOPANDO A INFORMACIÓN SEGUNDO UNHAS PISTAS QUE NOS DERON OS MONITORES.

NENOS NA CIDADE DA CULTURA

PREME PAR VER AS FOTOS.

 

 

ENCONTRO COA ESCRITORA ANA ALONSO (MARZO 2013)

O PASADO VENRES DÍA 8 DE MARZO, VEUNOS VISITAR A ESCRITORA                                         

                                                         

          ANA ALONSO           RETRATO ANA ALONSO            LIBROS PIZCA DE SAL

CONTOUNOS CÓMO EMPEZOU A ESCRIBIR CANDO TIÑA 10 ANOS, E, COMO TIÑA TANTA VERGOÑA, NON LLO DICÍA A NINGUÉN. FOI CANDO XA ESTABA NA UNIVERSIDADE ESTUDANDO BIOLOXÍA,QUE UN DÍA VEU NUN CARTEL O ANUNCIO DUN CONCURSO DE POESÍA CUN PREMIO DUNHA VIAXE A PARÍS MÁIS A PUBLICACIÓN DOS POEMAS. ISO ANIMOUNA A ESCRIBIR PARA O PÚBLICO. DENDE ESA SEGUE A FACELO, E FAINO MOI BEN.

CONTOUNOS TAMÉN EN QUE SE INSPIRA PARA INVENTAR AS SÚAS HISTORIAS DE FANTASÍA, NAS QUE SEMPRE QUERE QUE APRENDAMOS ALGO.POR ISO A COLECIÓN PIZCA DE SAL.

LOGO FOI O NOSO TURNO: FIXEMOS MOITAS PREGUNTAS SOBRE O LIBRO QUE LEMOS, AGASALLÁMOLA CUN CÓMIC ONDE ILUSTRAMOS CAPÍTULO A CAPÍTULO O LIBRO " UNA MANO EN LA PIEDRA" E PEDÍMOSLLE  QUE NOS ASINARA O NOSOS LIBROS.

    ANA ALONSO E NENOS      ANA ALONSO E NENOS     ANA ALONSO E NENOS

    ANA ALONSO E NENOS    ANA ALONSO E NENOS  

QUE EXPERIENCIA MÁIS INTERESANTE.BOTA UNHA  OLLADA!

ACTUACIÓN MUSICAL DE MAMÁ CABRA

 

Amiguiños e amiguiñas! O Venres 16 de abril, os nenos dende Infantil ata 2º curso de Primaria fomos ao Auditorio Municipal escoitar antigos e novos éxitos do grupo musical infantil e xuvenil " Mamá Cabra", grazas á colaboración das familias e do equipo de Normalización Lingüística do noso cole. 

Alí sumerximonos no mundo mariño con cancións como " Glu glu glu glu plas, plas, navegando polo mar", polas noites de medo con " Bailan bailan as pantasmas, sapos, bruxas e curuxas...", no mundo natural "somos uns bichiños con algo especial, todos pequeniños ...", e cunha das nosas cancións favoritas" O polo Pepe".

PASÁMOLO XENIAL E MESMO AS PROFES E OS NENOS LLES AXUDAMOS NO ESCENARIO A CANTAR E BAILAR.

Clica no enlace para acceder á galería de imaxes.

Celebración do Día da Árbore

 

 

O pasado mércores 21 de marzo os alumnos/as de Terceiro de Primaria do CEIP O Grupo acompañados polos seus titores/as e outros mestres/as do centro foron ao Centro de Interpretación
do Ecosistema Litoral de Galicia no O Vilar-Carreira (Ribeira)
para pasar unha xornada moi fructífera.  Primeiro de nada prantaron árbores de diferentes especies autóctonas e despois en compaña de varios monitores realizaron diversas actividades nas que os cativos/as gozaron dunha fermosa actividade ao aire libre. Voltaron ao cole despois de xantar. 

Clica aquí para acceder á galería de imaxes do evento

 

Distribuir contido