As nosas makinacións
DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR
Preme na imaxe para ver a búsqueda que fixo todo o alumnado para atopar a imaxe segreda!!!!
E para saber máis sobre a actividade...preme no seguinte enlace:
O CEIP O Grupo no marisqueo.
Hoxe pola mañá tivemos a sorte de poder atender a aprender como se marisquea na nosa ría da man de tres mariscadoras da Pobra do Caramiñal.
Día dos dereitos do consumidor
O 15 de marzo é o día mundial dos dereitos do consumidor.
O noso centro sumouse a traballar un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Con tal motivo o alumnado e as mestras e mestres, fixeron un estudo da información que aparece nas etiquetas dos alimentos que traen para merendar no recreo.
A principal análise que fixeron foi analizar os datos que aparecían, e logo centráronse na cantidade de azucre que conteñen.
O cálculo que realizaron desvelou a enorme cantidade de azucre que conteñen a maioría dos produtos que consomen a diario e que aparentan "saudables".
Taller Axenda Urbana 2023
O alumnado de sexto de Primaria, tivo a primicia de poder inaugurar o arranque da Axenda Urbana do Concello de Ribeira, xunto co noso alcalde.
Desenvolveuse un obradoiro, onde os nenos e nenas puxemos en valor a cidade, e analizamos distintos aspectos, para logo facer as suxerencias axeitadas para conseguir que o noso entorno sexa cada vez máis sostible e humanizado.
O noso patrimonio é auga 21-22
, , , ,...
Fixádevos canto investigamos, e canto aprendemos do patrimonio que hai no noso Concello. Premede nas imaxes, e veredes canto temos para pór en valor e coidarmos entre todos e todas.
A ponte autoportante de Da Vinci
Este ano fomos matemáticos e matemáticas, exploramos a contorna, exploramos as leis da Física, aprendemos moito e tamén nos divertimos todos xuntos e xuntas!!
O horto do Grupo 21-22
Xadrez 2022
Parabéns ao noso alumando polos resultados acadados neste 1º torneo de xadrez en liña; a 1ª copa foi o 5 de marzo e a 2ª, o 26 de marzo .Tamén parabéns ao seu mestre por desenvolver nel ese gusto por esta disciplina, que tantos beneficios reporta á mente e espírito.