Actividades

O NOSO PATIO SENSORIAL MUSICAL-2019

A NOSA ANPA SANTA UXÍA AGASALLOUNOS CUNS INSTRUMENTOS MUSICAIS DE EXTERIOR, O QUE NOS PERMITIU CREAR UN RECUNCHO PARA GOZAR, COMPARTIR, DEIXAR VOAR A IMAXINACIÓN, ESPERTAR SENSIBILIDADES E CAPACIDADES,...

É O NOSO PATIO SENSORIAL MUSICAL. PREME NA IMAXE PARA COMPROBALO

PATIO SENSORIAL MUSICAL

LETRAS GALEGAS 2019

GRAZAS Á NOSA ANPA SANTA UXÍA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PUDO GOZAR DA FANTÁSTICA ACTUACIÓN DO GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL "VAI DE RODA", NO PARQUE DE SAN ROQUE.

PASÁMOLO FENOMENAL, COMPARTINDO MÚSICA, BAILE E MERENDA EN FAMILIA.

 

 

Montaje creado Bloggif

PÍSCORE- NADAL 2018

FANTÁSTICA ACTUACIÓN NO AUDITORIO MUNICIPAL  A CARGO DO GRUPO PÍSCORE.

GOZAMOS DO ESPECTÁCULO TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE.

 

Montaje creado Bloggif

ACTIVIDADES OFERTADAS POLA ANPA PARA O CURSO 2019-2020

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA SANTA UXÍA
COLEXIO O GRUPO CURSO 2019-2020

 ACTIVIDADES

DÍAS

SERVICIO DE MADRUGADORES:

Luns a venres 08:00-09:00

 

Luns a venres 07:00-09:00

INGLÉS

 

Mércores e Venres

 16:00 – 17:00

BALONCESTO: De 4 a 12 anos

(dividido en grupos de 2 h semanais)

Luns, Mércores e Venres

17:00 a 20:00

1FÚTBOL: Nados 2008 a 2014

(dividido en grupos de 2h semanais)

Martes e Xoves

17:30 a 19:30

XIMNASIA ACROBÁTICA: De 4 a 12 anos

 

Martes e Xoves

16:00 a 17:00

2NATACIÓN

 

Venres

16:15-17:00

NATACIÓN PARA NENOS DE 4 E 5 ANOS

Mércores

16:00-16:30

 
- PARA TODAS AS ACTIVIDADES E NECESARIO PRESENTAR O CARNET DE SOCIO DA ANPA DE ESTE ANO. INVITÁMOSVOS A FORMAR PARTE DO PROXECTO EDUCATIVO DOS NOSOS FILLOS E FILLAS.

-AS ACTIVIDADES COMEZAN DENDE O MES DE OUTUBRO ATA O MES DE MAIO.

- PARA ANOTARSE DEIXAR A FICHA DE INSCRICIÓN NO LOCAL DA ANPA, NO BUZÓN DA ANPA OU BEN ENVIALA AO CORREO ELECTRÓNICO anpaogrupo@yahoo.es, DENDE O DIA 18 ATA O 25 DE SETEMBRO.
 



1OS NENOS QUE ESTÉN INTERESADOS NO FÚTBOL, TEÑEN UNHA DIRECCIÓN WEB DO SÁLVORA C.F. NA QUE HAI QUE ANOTARSE : www.salvoracf.com.

2 NATACIÓN: REALIZARANSE NA FIEITEIRA. O ABONO DEBE FACERSE NA CONTA DA ANPA.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 15-16

COMEDOR ESCOLAR CURSO 15-16

TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE ESTEAN INTERESADAS EN QUE OS SEUS FILLOS E FILLAS FAGAN USO DO COMEDOR ESCOLAR NESTE CURSO 2015-2016 DEBERÁN CUBRIR O SEGUINTE  FORMULARIO .

CONVENIO CEIP O GRUPO/DEPORTES ALIA: Equipación deportiva.

 

 

Estamos á espera de amosar imaxes da equipación de Infantil. Aínda que lles poden valer as tallas máis pequenas para os peques de Infantil os máis miudiños non teñen tallaxe para este chandal e fixemos xestións para conseguir ao mesmo prezo un chandal para eles. En breve faremos charlas informativas e colgaremos unha imaxe.   

E LOGO POR QUE?

A instancias dos mestres de Educación Física coa mediación da Dirección do centro e a inestimable colaboración da ANPA do cole buscamos a posibilidade de ofertar para quen quixera ( libre e por tanto non obligatorio) un chandal cunha boa relación calidade-prezo. Unha equipación común darianos unha mellor imaxe do noso centro nas saídas didácticas e nas saídas deportivas( Campo a través, Atletismo, Actividade Polideportivo Cultural, Excursións didácticas á contorna...).

E A CRISE QUE!

As xestións da ANPA para conseguir unha equipación de calidade a un bo prezo deron o seu fruto con dúas posibilidades:

  • Chandal J´Haiber - 30 euros (bordado do CEIP O Grupo incluído)*.
  • Sudadeira J´Haiber- 13 euros (bordado do CEIP O Grupo Incluído)*.

Existen á disposición dos interesados outros elementos da equipación pantalóns curtos, de deporte, camisetas, polos... tamén a precios interesantes.

* O prezo para adultos confirmar coa tenda.

... E SE O QUERO ONDE PODO PROBALO ENCARGALO E/OU MERCALO

Na tenda de Deportes ALIA, Avda. Miguel Rodriguez Bautista 46. tlfno contacto (Alicia) 981 87 29 71. Está ao carón do ximnasio Natural Sport de Ribeira preguntades por Alicia que vos deixará ver as prendas e probalas sen compromiso ningún.

A oferta é boa para a calidade das prendas, probablemente gastedes máis cartos noutras prendas.

A equipación ten unha permanencia de 2 anos, se non vos vai ben agora mercalo podedes facelo máis adiante ou para o curso que ven. Os pantalóns do chandal pódense mercar por separado a un prezo de 20 euros, por se se rompe.

Lembrade que esta oferta é libre e voluntaria, que se trata dun convenio cuxa finalidade é que cando teñades que mercar outra equipación, pensedes na do cole: chandal ou a sudadeira con outro pantalón azul que teñades.

... E SE VOS INTERESAN OUTROS COMPLEMENTOS:

A instancias das petición de pais e nais nas reunións informativas celebradas en primaria ampliamos a oferta do convenio a outros complementos da equipación:

  • Camiseta básica de algodón, polo básico de algodón, camiseta sintética J´Hayber.
  • Pantalóns curtos de algodón e pantalóns curtos de atletismo.

Coma no caso da equipación están á vosa disposición na tenda para velas, probalas e decidir se vos interesan libremente sen ningún tipo de imposición.

Agardamos sexan do voso agrado!!!

 

 

 

Distribuir contido