Actividades

NADARÍN, CONTO DE LUZ

COA BOA DISPOSICIÓN DUNHA MAMI DE INFANTIL, XUNTO CON DÚAS COLABORADORAS, TIVEMOS A SORTE DE QUE TODO O ALUMNADO DE INFANTIL GOZARA DUN PRECIOSO CONTO DE LUZ:

NADARÍN

NADARIN

PEDRO E O LOBO

                       PEDRO E 0 LOBO


O  pasado mércores, 26 de xaneiro, visitou o noso cole a compañía de teatro de Xan Pérez para representar a súa obra Pedro e o lobo.


Resultou todo un éxito xa que puidemos interaccionar cos diferentes personaxes: Pedro, o seu pai, o lobo, o can que quería ser pastor e as súas ovellas.


RELIXIÓN CATÓLICA

Unha representación dos nenos de infantil na área de Relixión Católica foron á igrexa facer unha ofrenda floral á Virxe.

Levaron flores que pintaron eles na clase de relixión, e un pequeno ramo de caraveis.

Do que Fixemos no Día do Libro no noso cole


O 23 de Abril, día do libro, celebramos na biblioteca do Grupo unha sesión de contacontos moi divertida na que distintos profes contaron divertidos contos e historias ó longo de toda a mañá ás diferentes clases que visitaron a biblioteca.

Leotodiño, a nosa benquerida mascota agasallou a todos os lectores que participaron nesta actividade cun marcapáxinas para celebrar este día tan especial.


Distribuir contido