Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
Dia da diversidade 22-23
O 3 de decembro, todos e todas celebramos a festa da diversidade. No colexio e tamén indo a Boiro, a participar coa Asociación Amicos, no seu super festival Festiritititi 2022.
Aprendemos que todos e todas temos cualidades polas que sentirnos orgullosos e orgullosas do que somos e do que somos capaces de facer. Que nada nos poña límites, que cada un de nós poda desenvolver as cualidades que nos fan sentir ben, felices e integrados e integradas plenamente na nosa comunidade educativa.
Os nosos reporteiros e reporteiras entrevistaron na nosa emisora RAdioTOdiño a Álex Vidal, o noso campión paralímpico, que é un exemplo de tesón, loita, superación,...
Premede na imaxe para escoitalo.
Por iso, que ninguén poña en dúbida, que podemos voar tan alto como nos propoñamos.
Taller Axenda Urbana 2023
O alumnado de sexto de Primaria, tivo a primicia de poder inaugurar o arranque da Axenda Urbana do Concello de Ribeira, xunto co noso alcalde.
Desenvolveuse un obradoiro, onde os nenos e nenas puxemos en valor a cidade, e analizamos distintos aspectos, para logo facer as suxerencias axeitadas para conseguir que o noso entorno sexa cada vez máis sostible e humanizado.
Sementeira Ciscabyte22-23-Proxecto Terra
O noso centro, o noso alumnado e as mestras e mestres seguimos a traballar por un mundo máis limpo, que a nosa cidade estea cada vez máis limpa, con menos lixo, con menos elementos contaminantes. Dentro dos programas do Plan Proxecta, a través do Proxecto Terra, da man do arquitecto Luís Carretero, os nenos e nenas saíron a recoller lixo polos arredores do colexio, para logo facer un mapeado do mesmo, para rematar dándolle unha dimensión artística. Mirade o proceso.
25N 22-23
Neste mar de violencia, que é unha lacra para a nosa sociedade, o noso alumnado e os mestres e mestras estamos a desenvolver actividades e dinámicas que deixen pouso, para que todos e todas coma cidadáns contribuamos a erradicala da nosa comunidade educativa e da nosa cidade.
